Illa Stirling
A Illa Stirling é a illa máis pequena das Illas Treasury, nas Illas Salomón. Está separada da máis grande Illa Mono polo estreito Blanche Harbor. Illa Stirling componse de coral, e foi unha vez parte da barreira de coral que rodea a illa Mono.
Illa Stirling | |
---|---|
Localización das Illas do Tesouro (Treasury Islands) | |
Situación | |
País | Illas Salomón |
Provincia | Occidental |
Arquipélago | Illas Treasury |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 7°24′55″S 155°34′2″L / -7.41528, -155.56722 |
Xeografía | |
Superficie | 9 km² |
Longura máxima | 6 km |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Densidade | hab/km² hab./km² |
Illa Stirling non ten poboación permanente. Con todo, un campo de aviación e outros restos da base dos aliados da segunda guerra mundial aínda permanecen aquí.
En maio de 2011 o primeiro ministro das Illas Salomón Danny Phillip fixo unha oferta ao goberno australiano para que a base aérea abandonada na illa de Stirling acollera a tramitación dos solicitantes de asilo. Crese que as negociacións chegaron a un estado razoablemente avanzado antes de ser interrompidas.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Stirling |