A illa Serrano coñecida tamén como Little Wellington está situada no océano Pacífico na rexión austral de Chile, ao sur do golfo de Penas, ao comezo das canles patagónicas. Forma parte do arquipélago Wellington. Ten unha superficie de 1 063 km², que a converten na 14ª maior illa de Chile.

Illa Serrano
Illa serrano en Chile
Illa serrano
Illa serrano
Mapa do arquipélago
Situación
País Chile
RexiónRexión de Aisén
ProvinciaProvincia de Capitán Prat
MarOcéano Pacífico
Coordenadas48°31′56″S 74°46′32″O / -48.53222, -74.77556Coordenadas: 48°31′56″S 74°46′32″O / -48.53222, -74.77556
Xeografía
Superficie1.062´8 km²
Longura máxima52´7 km.
Largura máxima32´18 km
Perímetro339´9
Punto máis alto1.585 m.

Administrativamente pertence á provincia Capitán Prat da Rexión de Aisén.

Desde hai aproximadamente 6.000 anos as súas costas foron habitadas polo pobo kawésqar. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente extinguido pola acción do home branco

Historia editar

A contar de 1520, co descubrimento do estreito de Magallanes, poucas rexións foron tan exploradas como a das canles patagónicas. Nas cartas antigas a rexión da Patagonia, entre os paralelos 48° e 50° Sur, aparecía ocupada case exclusivamente por unha grande illa denominada Campana separada do continente pola 'canle da nación Calén', nación que se supuxo existiu ata o século XVIII entre os paralelos 48° e 49° de latitude sur.

Desde mediados do século XX esas canles son percorridos con seguridade por grandes naves de todas as nacións, grazas aos numerosos recoñecementos e traballos hidrográficos efectuados nesas perigosas costas. Nos anos 1883 e 1884 o buque alemán "Albatross" realizou levantamentos no área.

Por máis de 6.000 anos estas canles e as súas costas foron percorridas polos kawésqar, indíxenas, nómades canoeiros. Hai dúas hipótese sobre a súa chegada aos lugares de poboamento. Unha, que procedían do norte seguindo a ruta das canles chilotes e que atravesaron cara ao sur cruzando o istmo de Ofqui. A outra é que procedían desde o sur e que a través dun proceso de colonización e transformación de poboacións cazadoras terrestres, procedentes da Patagonia Oriental, poboaron as illas do estreito de Magallanes e subiron polas canles patagónicas ata o golfo de Penas. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente aniquilado pola acción do home branco.

Aspecto das costas editar

Son unha sucesión de terras altas e barrancosas con numerosos cumes e promontorios moi parecidos entre se. Os seus cabos e puntas terminan en forma abrupta. O anterior, unido ao silencio e soidade da contorna fan destas illas e canles unha das rexións máis belas do planeta.

As costas son cantíls e as súas canles, en xeral son limpas e abertas, onde hai escollos estes están invariablemente marcados por sargazos.

Existen alturas bastante notables que serven para recoñecer a entrada aos diferentes seos, canles ou baías. Estas están claramente indicadas nas respectivas cartas e derroteiros da rexión. Na súa parte norte hai un cerro de 1.554 metros e na parte SE un cerro de 1.249 metros de altura.

Xeoloxía editar

Todo o arquipélago patagónico data da época terciaria; é produto da mesma causa xeolóxica que fixo aparecer primeiro o cordal da Costa e logo o dos Andes. Na idade glacial, tomou o seu aspecto actual sendo a continuación cara ao sur do cordal da Costa.

É de orixe ígneo pola clase de rocha que o constitúe e polo seu relevo áspero e irregular, característico das cadeas de erupción.

Clima editar

A rexión vese afectada continuamente por ventos do oeste e polo paso frecuente de sistemas frontais. Estes sistemas frontais xéranse na latitude 60° S, zona na que conflúen masas de aire subtropical e masas de aire polar creando un cinto de baixas presións que forma os sistemas frontais.

Esta área ten un clima que se coñece como 'tépedo frío chuviosos' que se estende desde a parte sur da Rexión de Los Lagos ata o estreito de Magallanes. Aquí rexístranse as máximas cantidades de precipitacións, en illa Guarello alcanzáronse ata 9.000 mm anuais.

A nubosidade atmosférica é alta, os días despexados son escasos. A amplitude térmica é reducida, a oscilación anual é de aproximadamente 4 °C cunha temperatura media de 9 °C. Chove durante todo o ano sendo máis chuvioso cara ao outono.

Xeografía editar

É unha grande illa de forma triangular, cunha gran entrante na parte norte, o seo Waldemar, que a divide case en dous. O seu lado máis longo orientado case N-S ten 54´7 km. de longo e o seu lado máis largo de E-W ten 32´18 km.. Os seus límites son:

Fondeadoiros e surgideiros editar

O abra Cuthbert atópase case no centro ao lado leste da illa, non foi recoñecida polo que non é apta como fondeadoiro. Polo lado oeste atópase o gran seo Waldemar e na súa costa sur atópase o seo Heinrichs, que pode ofrecer fondeadoiro no interior da súa angosta entrada.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar