Illa Salisbury, Rusia

Illa Salisbury, (ruso: Остров Солсбери; Ostrov Solsberi) é unha illa situada na zona central da Terra de Francisco Xosé, Rusia.

Illa Salisbury
Localización da illa
Mapa do arquipélago
Situación
PaísRusia Rusia
ÓblastÓblast de Arkhanguelsk
ArquipélagoTerra de Francisco Xosé
MarMar de Kara, no océano Ártico
Coordenadas80°54′N 56°14′O / 80.900, -56.233Coordenadas: 80°54′N 56°14′O / 80.900, -56.233
Xeografía
Superficie960 km²
Perímetro184´9
Punto máis alto482 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A illa Salisbury é relativamente grande e longa, cunha superficie de 960 km². O seu punto máis alto ten 482 m e practicamente toda a superficie da illa está cuberta de xeo.

A illa Salisbury é parte do subgrupo da terra de Zichy do arquipélago de Francisco Xosé. Ten moi pouco mar aberto ao redor dela, quedando atrapada entre a illa Luigi e a illa Champ nas súas beiras suroeste, illa Ziegler no nordés e illa Wiener Neustadt no leste.

Esta illa nomeouse así polo profesor de xeoloxía Rollin D. Salisbury (1858-1922), da Universidade de Chicago. Salisbury foi o segundo ao mando na expedición de socorro de Peary.

A illa de Salisbury no arquipélago de Francisco Xosé non debe confundirse coa illa Salisbury do Canadá.

Illas adxacentes editar

  • Illa Elisabeth (Остров Елизаветы; Ostrov Yelizavety) é unha illa de 5 km de forma de forma oval situada a 7 km do extremo noroccidental da illa Salisbury. Non glaciarizada o seu punto máis alto ten 121 m. Esta illa foi chamada así pola arquiduquesa Elisabeth Marie de Austria, filla de Rodolfo, príncipe herdeiro de Austria, despois de que nomeara a illa de Rudolf, a illa máis setentrional da terra de Francisco Xosé.
  • Ostrova Kuchina (Острова Кучина). Estes son dous illotes moi pequenos da costa nordés da illa de Salisbury; un deles está moi preto da beira. Foron nomeados na honra do explorador ártico ruso Alexander Kuchin, o único ruso na expedición de Amundsen ao Polo Sur no Fram. Kuchin perdeuse na malograda expedición de Vladimir Rusanov de Spitsbergen no barco Gerkules en 1912.
 
Varias illas da Terra de Francisco Xosé conxeladas

Véxase tamén editar

Outros artigos editar