Illa Robinson Crusoe
Robinson Crusoe | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Localización | |||||
| |||||
Datos | |||||
Capital | San Juan Bautista | ||||
País | Chile | ||||
Linguas | Español | ||||
Poboación (2002) | 630 hab. | ||||
Superficie | 96´4 km² | ||||
Densidade | |||||
Coordenadas | 33°38′00″S 78°49′00″O / -33.63333, -78.81667 | ||||
Maior Altura | El Yunque, 916 m. |
A Illa Robinson Crusoe (33°38′00″S 78°49′00″O / -33.63333, -78.81667), antigamente chamada Más a Tierra ou Más Atierra, forma parte do arquipélago chileno de Juan Fernández.
Características
editarTen 96,4 km² e a súa poboación foi de 488 habitantes no Censo de 1992, mentres no Censo de 2002, o número de habitantes aumentou a 630, maiormente concentrada no poboado de San Juan Bautista na Baía Cumberland, fundado en 1877 polo barón Alfredo Van Rodt.
Despois do desastre de Rancagua en 1814, a illa serviu de prisión para os patriotas (Juan Egaña e outros) na chamada Cova dos Patriotas (Monumento Histórico desde 1979, situada en San Juan Bautista). Con iguais propósitos foi usada a illa durante o primeiro goberno de Carlos Ibáñez del Campo (1927-1931).
A principal actividade económica é a pesca da lagosta mariña (a Lagosta de Juan Fernández). A súa poboación está diminuíndo; principalmente novos que emigran ao continente (Chile) para obter mellores oportunidades e unha vida menos illada.