A illa Rei Xurxo, chamada polos arxentinos illa 25 de Maio e polos rusos illa Waterloo (en ruso: остров Ватерлоо), é a maior das Illas Shetland do Sur na Antártida.

Rei Xurxo
Situación
PaísAntártida Antártida, reclamada por Arxentina, Chile e Reino Unido Reino Unido
ArquipélagoIllas Shetland do Sur
MarOcéano Antártico
Coordenadas62°23′S 58°27′O / -62.383, -58.450Coordenadas: 62°23′S 58°27′O / -62.383, -58.450
Xeografía
Superficie1.150 km²
Longura máxima95 km.
Largura máxima25 km.
Punto máis alto700 m. Rose Peak
Demografía
CapitalVilla Las Estrellas
Poboación500 non permanentes

Historia editar

Descuberta polo explorador británico William Smith en 1819.[1] A illa foi reclamada primeiro por Gran Bretaña o 16 de outubro de 1819 e anexada oficialmente[2][3][4][Cómpre clarificar] polo Reino Unido como parte das Illas Malvinas en 1908, e agora como parte separada do Territorio Antártico Británico. A Illa foi reclamada por Chile en 1940, como parte do Territorio Antártico Chileno. Tamén foi reclamada pola Arxentina en 1943, como parte da Antártida Arxentina, chamada polos arxentinos Isla Veinticinco de Mayo (25 de maio) en honor do seu día nacional. Os Estados Unidos e Rusia non recoñecen estas reclamacións e reserváronse formalmente o seu dereito a reclamar territorios antárticos. Todas estas reclamacións atópanse suspendidas en viertud do Tratado Antártico.

Hoxe é a illa que concentra maior cantidade de bases da Antártida. A maior é a Base Frei (Chile), que inclúe un importante aeródromo e o poboado civil de Villa Las Estrellas. Outras bases son Escudero (Chile), Bellingshausen (Rusia), Gran Muralla (China), King Sejong (Corea do Sur), Jubany (Arxentina), Arctowsky (Polonia), Machu Picchu (Perú), Artigas (Uruguai), e Comandante Ferraz (Brasil).

Preto da base rusa Bellingshausen atópase a Igrexa da Santa Trindade, a igrexa ortodoxa rusa que máis cerca está do Polo Sur, e unha das poucas estruturas permanentes da Antártida.

Xeografía editar

Ten aproximadamente 95 km de longo e 25 km de largo cunha superficie de 1.150 km². Máis de 90% da superficie da illa está permanentemente xeada.[1] En 1821, 11 homes do barco caza focas "Lord Melville" sobreviviron ao inverno na illa, os primeiros homes en facelo na Antártida.[5] O angosto Estreito Fildes a separa da illa Nelson, ao suroeste.

Conta con 3 grandes baías: Baía Fildes (Baía Maxwell), Baía Almirantado e Baía Rei Xurxo.

No extremo oeste da illa atópase a Península Fildes, onde se emprazan as bases Gran muralla, Escudero, Frei, Bellingshausen e Artigas.

Na fauna cóntanse: o pingüín papúa (Pygoscelis papua), o pingüín barbijo (Pygoscelis antarctica), a foca de weddell (Leptonychotes weddelli), a foca leopardo (Hydrurga leptonyx), o elefante mariño do sur (Mirounga leonina).

 
Localización da Illa Rei Xurxo nas Illas Shetland do Sur

Actividade humana editar

 
Illa Rei Xurxo

A vida humana da illa do Rei Xurxo limítase ás estacións de investigación pertencentes da Arxentina, o Brasil, Chile, a China, Ecuador, Corea do Sur, o Perú, Polonia, Rusia, o Uruguai e os Estados Unidos. A maioría destas estacións teñen persoal permanente, realizando investigacións en áreas tan diversas como bioloxía, ecoloxía, xeoloxía e paleontoloxía. A base Presidente Eduardo Frei Montalva, a Estación Chilena na Península de Fildes, é operada como unha vila permanente cunha pista de aterraxe cun gran hangar e torre de control xunto con outros edificios, cafeterías para o persoal das súas varias axencias, un banco, unha oficina de correos e cómodas casas familiares de estilo rancho con nenos. Chile (como Arxentina e Gran Bretaña) considera toda a Península Antártica e as Illas Shetland do Sur como parte do territorio do seu país; con todo, os termos do Tratado Antártico permiten a Chile colonizar a península de Fildes sen perseguir abertamente as súas demandas territoriais.[6] A base chinesa Gran Muralla conta cunha sala de usos múltiples de interior que serve como unha cancha de baloncesto de tamaño regulamentario.

En 2004, unha igrexa ortodoxa rusa, abriuse na illa preto da estación rusa de Bellingshausen. A igrexa, unha das máis meridionais do mundo e unha das poucas estruturas permanentes na Antártida, está permanentemente asistida por un sacerdote.

 
A base chilena Frei e a rusa Bellingshausen (na dereita)

Unha pequena cantidade de actividade turística especializada tamén ocorre durante o verán, incluíndo un maratón anual, coñecido como o maratón antártico.

O faro de Arctowski na estación antártica polaca de Henryk é o faro máis meridional do mundo.[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Campbell, David G. (2002). The Crystal Desert: Summers in Antarctica, p. 4. Houghton-Mifflin Books. ISBN 0-618-21921-8.
  2. Odd Gunnar Skagestad. Norsk Polar Politikk: Hovedtrekk og Utvikslingslinier, 1905-1974. Oslo: Dreyers Forlag, 1975
  3. Thorleif Tobias Thorleifsson. Bi-polar international diplomacy: The Sverdrup Islands question, 1902-1930. Master of Arts Thesis, Simon Fraser University, 2004.
  4. Robert K. Headland, The Island of South Georgia, Cambridge University Press, 1984.
  5. Mills, William James (2003). Exploring Polar Frontiers: A Historical Encyclopedia, p. 353. Santa Barbara: ABC-CLIO, Inc. ISBN 1-57607-422-6.
  6. National Geographic, decembro de 2001
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2009. Consultado o 27 de outubro de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar