A illa Prat está situada no océano Pacífico na rexión austral de Chile, ao sur do golfo de Penas, ao comezo das canles patagónicas. Forma parte do arquipélago Wellington. Ten unha superficie de 760´8 km², que a converten na 18ª illa maior de Chile.

Illa Prat
mapa da illa Prat ao noroeste do arquipélago
Situación
País Chile
RexiónRexión de Aisén
ProvinciaProvincia de Capitán Prat
ArquipélagoArquipélago Wellington
MarOcéano Pacífico
Coordenadas48°15′S 75°00′O / -48.250, -75.000Coordenadas: 48°15′S 75°00′O / -48.250, -75.000
Xeografía
Superficie760´8 km²
Perímetro362´9 km.
Punto máis alto1.341 m.

Administrativamente pertence á provincia Capitán Prat da Rexión de Aisén.

Desde hai aproximadamente 6.000 anos as súas costas foron habitadas polo pobo kawésqar. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente extinguido pola acción do home branco.

Historia editar

A contar de 1520, co descubrimento do estreito de Magallanes, poucas rexións foron tan exploradas como a das canles patagónicas. Nas cartas antigas a rexión da Patagonia, entre os paralelos 48° e 50° Sur, aparecía ocupada case exclusivamente por unha grande illa denominada "Campana" separada do continente pola 2canle da nación Calén", nación que se supuxo existiu ata o século XVIII entre os paralelos 48° e 49° de latitude sur.

Desde mediados do século XX esas canles son percorridas con seguridade por grandes naves de todas as nacións, grazas aos numerosos recoñecementos e traballos hidrográficos efectuados nesas perigosas costas.

Durante 6.000 anos estas canles e as súas costas foron percorridas polos kawésqar, indíxenas, nómades canoeiros. Hai dúas hipótese sobre a súa chegada aos lugares de poboamento. Unha, que procedían do norte seguindo a ruta das canles chilotes e que atravesaron cara ao sur cruzando o istmo de Ofqui. A outra é que procedían desde o sur e que a través dun proceso de colonización e transformación de poboacións cazadoras terrestres, procedentes da Patagonia Oriental, poboaron as illas do estreito de Magallanes e subiron polas canles patagónicos ata o golfo de Penas. A comezos do século XXI este pobo fora practicamente aniquilado pola acción do home branco.

Aspecto das costas editar

Son unha sucesión de terras altas e barrancosas con numerosos cumes e promontorios moi parecidos entre elas. Os seus cabos e puntas terminan en forma abrupta. O anterior, unido ao silencio e soidade da contorna fan destas illas e canles unha das rexións máis belas do planeta.

As costas son cantíls e as súas canles, en xeral son limpas e abertas, onde hai escollos estes están invariablemente marcados por sargazos. Na canle Albatross atópase a angostura Alemá, un dos pasos máis belos da zona.

Existen alturas bastante notables que serven para recoñecer a entrada aos diferentes seos, canles ou baías. Estas están claramente indicadas nas respectivas cartas e derroteiros da rexión. No seu lado occidental está percorrido de norte a sur polos cerros Silla, Nevado, Redondo e Sombrero.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar