Illa Melchor
Illa Melchor é a illa máis grande do arquipélago dos Chonos. Está situada na parte central do arquipélago. Mide 35´4 km. no seu eixe E-O e 25´75 km no eixe N-S.
Illa Melchor | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Chile |
Rexión | Rexión de Aisén |
Arquipélago | Arquipélago dos Chonos |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 45°08′S 73°57′O / -45.133, -73.950Coordenadas: 45°08′S 73°57′O / -45.133, -73.950 |
Xeografía | |
Superficie | 863´5 km² |
Longura máxima | 35´4 km. |
Largura máxima | 25´75 km. |
Perímetro | 241´9 |
Punto máis alto | 1.127 m. |
Demografía | |
Lingua propia | Castelán |
Polo seu lado norte a canle Ninualac sepáraa das illas James e Teresa, polo seu lado leste corre a canle Moraleda e polo seu lado sur a canle "Carrera del Chivato".
As súas costas son moi crebadas, especialmente a parte SO na que hai dous profundos esteiros. Sobre a costa oriental atópanse "puerto Atracadero" e puerto Lagunas.
No sector NO hai un cerro de 891 metros, outro de 931 metros e un terceiro de 880 metros de alto. Na parte sur hai unha altura de 1.127 metros e outra de 934 metros.
Na súa costa norte os compases experimentan perturbacións magnéticas.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Melchor |