Illa Jabat
Jabat | |
---|---|
Datos | |
País | ![]() |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (1988) | 112 hab. |
Superficie | 0´6 km² |
Superficie lagoa | km² |
Nº de illas | 1 |
Coordenadas | 07°45′00″N 168°58′36″L / 7.75000, -168.97667 |
Maior Altura | 8 m. |
Localización | |
![]() |
Jabat (Jabwot ou Jabot) é unha illa no Océano Pacífico dentro da cadea Ralik nas Illas Marshall. Forma un distrito lexislativo da cadea Ralik nas Illas Marshall. A súa superficie total é de só 0´6 km², e ten unha lonxitude de 1´2 km. Atópase a 12 km. do atol Ailinglaplap. A diferenza da maioría das outras illas das Illas Marshall, Jabat é unha illa rochosa en lugar dun atol de coral, aínda que rodeada dun areccife de coral e dunha franxa de augas pouco profundas que se estenden por varios quilómetros máis aló do arrecife cara ao norte e o sur. A poboación da illa Jabat era de 112 habitantes en 1998.
HistoriaEditar
Jabat foi reclamada polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884, e os alemáns crearon un posto comercial. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés. Tras o final da segunda guerra mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.