A illa Hanover é unha illa situada no océano Pacífico na Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena, Chile, ao norte do estreito de Magallanes. Forma parte do arquipélago de Hanover. Esta separada da illa Chatham pola Canle Esteban, Guías Narrows e Canle Inocentes.

Illa Hanover
Illa hanover en Chile
Illa hanover
Illa hanover
Localización da illa
Sur1-a.gif
Situación
PaísFlag of Chile.svg Chile
RexiónRexión de Magallanes e da Antártica Chilena
ProvinciaProvincia de Última Esperanza
ArquipélagoArquipélago de Hanover
MarOcéano Pacífico
Coordenadas51°0′0″S 74°40′0″O / -51.00000, -74.66667Coordenadas: 51°0′0″S 74°40′0″O / -51.00000, -74.66667
Xeografía
Superficie811´9 km²
Perímetro479´8
Punto máis alto1.158 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Desde fai aproximadamente 6.000 anos as súas costas foron habitadas polo pobo kawésqar. A comezos do século XXI este pobo fora prácticamente extinguido pola acción do home branco.

HistoriaEditar

A contar de 1520, co descubrimento do estreito de Magallanes, poucas rexións foron tan exploradas como a dos canles patagónicos. Nas cartas antigas a rexión da Patagonia, entre os paralelos 48° e 50° Sur, aparecía ocupada case exclusivamente por unha gran illa denominada "Campana" separada do continente pola "canle da nación Calén", nación que se supuxo existiu ata o século XVIII entre os paralelos 48° e 49° de latitude sur.

Desde mediados do século XX esas canles son percorridos con seguridade por grandes naves de todas as nacións, grazas aos numerosos recoñecementos e traballos hidrográficos efectuados nesas perigosas costas.

Por máis de 6.000 anos estas canles e as súas costas foron percorridas polos kawésqar, indíxenas, nómades canoeiros. Hai dúas hipótese sobre a súa chegada aos lugares de poboamento. Unha, que procedían do norte seguindo a ruta das canles chilotes e que atravesaron cara ao sur cruzando o istmo de Ofqui. A outra é que procedían desde o sur e que a través dun proceso de colonización e transformación de poboacións cazadoras terrestres, procedentes da Patagonia Oriental, poboaron as illas do estreito de Magallanes e subiron polas canles patagónicas ata o golfo de Penas. A comezos do século XXI este pobo fora prácticamente aniquilado pola acción do home branco.

Aspecto das costasEditar

Son unha sucesión de terras altas e barrancosas con numerosos cumes e promontorios moi parecidos entre si. Os seus cabos e puntas terminan en forma abrupta.

As costas son cantíls e as súas canles, en xeral son limpas e abertas, onde hai escollos estes están invariablemente marcados por sargazos.

Existen alturas bastante notables que serven para recoñecer a entrada aos diferentes seos, canles ou baías. Estas están claramente indicadas nas respectivas cartas e derroteiros da rexión. Destaca un cerro de 1.219 metros de altura.

LiteraturaEditar

Na ficción popular, a illa aparece no libro de Jules Verne Dous anos de vacacións. O libro conta a historia de 15 nenos (entre 8 e 14 anos) de Auckland, que pasaron 2 anos nesta remota illa como resultado dunha tormenta que embaranca a súa goleta na costa da illa. Eles chámana "Chairman Island" (Illa do Presidente) polo nome do internado dos raparigos.

No lado continental atópase o Parque Nacional Torres do Paine.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar