Illa Gaspar Grande
Gaspar Grande ou Gasparee é unha illa na República de Trinidad e Tobago cuxo nome derívase de Gaspar de Percín. A illa ten 1´29 km² de superficie e atópase 12 quilómetros ao oeste de Port of Spain. É unha das "Illas Bocas", que se atopan na chamada Bocas do Dragón entre a illa Trinidad e Venezuela.
Gaspar Grande | |
---|---|
Gaspar Grande no fondo, coa illa de Gasparillo no plano á dereita | |
Localización de Gaspar Grande fronte á península noroccidental de Trinidad | |
Situación | |
País | Trinidad e Tobago |
Arquipélago | Antillas Menores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 10°40′N 61°39′O / 10.667, -61.650Coordenadas: 10°40′N 61°39′O / 10.667, -61.650 |
Xeografía | |
Superficie | 1´29 km² |
Longura máxima | 2´4 km. |
Largura máxima | 0´8 km. |
Punto máis alto | 103 m. |
Gaspar Grande é principalmente de pedra calcaria, e alcanza unha altura de 103 metros na súa parte máis alta. No pasado instaláronse estacións para a caza de baleas na illa. Gaspar Grande é tamén o fogar da Gasparee Caves (Covas de Gasparee), un sistema de covas naturais de pedra calcaria cunha misteriosa piscina na súa base. Outras covas na illa inclúen a Cova Branca, a Cova Brioge e a cova Precipice.
Unha lenda conta que outra cova na illa, o tunel de William Dampier, garda o cofre do tesouro dun pirata e que é de fácil acceso en certos días do ano.
Historia
editarEn 1783, Gaspar Grande foi concedida a Gaspar de Percin Roque polo gobernador José María Chacón.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Illa Gaspar Grande |