A Illa Dirk Hartog é unha illa situada fronte á costa de Gascoyne en Australia Occidental, dentro da Baía Shark é Patrimonio da Humanidade. Ten 80 km de longo e entre 3 e 15 km de largo e é a illa máis grande e occidental de Australia Occidental. Cobre unha superficie de 620 km² e está aproximadamente a 850 km ao norte de Perth. Foi chamada así por Dirk Hartog, un capitán de barco holandés, que se atopou por primeira vez coa costa oeste de Australia preto da latitude 26º paralelo sur, que atravesa a illa. Logo de abandonar a illa, Hartog continuou a súa viaxe cara ao nordés ao longo da costa continental. Hartog deu ao continente australiano un dos seus primeiros nomes coñecidos, Eendrachtsland, que nomeou polo seu barco Eendracht, que significa "Unidade".

Illa Dirk Hartog
Mapa da rexión de Baía Shark
Situación
PaísAustralia Australia
EstadoAustralia Occidental
MarOcéano Índico
Coordenadas25°50′S 113°05′L / -25.833, -113.083Coordenadas: 25°50′S 113°05′L / -25.833, -113.083
Xeografía
Superficie620 km²
Longura máxima79´6 km.
Largura máxima11´3 km.
Punto máis alto188 m. Herald Heights
Demografía
CapitalDirk Hartog Homestead
Copia do prato de Dirk Hartog no Rijksmuseum, Ámsterdam
Faro de Cabo Inscription, c. 1910

Historia editar

A illa foi descuberta o 25 de outubro de 1616 por Hartog da Compañía Holandesa das Indias Orientais(VOC) no barco Eendracht que facía a travesía desde Cidade do Cabo a Batavia (Iacarta).[1] Os nomes das persoas adultas de a bordo, incluído Hartog, inscribíronse coa data nun prato de peltre e cravouse nun poste.

En 1697 o capitán holandés Willem de Vlamingh desembarcou na illa e descubriu o prato de Hartog. Substituíuno por un dos seus, que incluía unha copia da inscrición de Hartog, e levou o prato orixinal á casa en Ámsterdam, onde aínda se garda no Rijksmuseum Ámsterdam.

O 28 de marzo de 1772, o navegante bretón Louis Aleno de St Aloüarn desembarcou na illa e converteuse no primeiro europeo en tomar posesión formal de Australia Occidental en nome do rei francés Lois XV. Isto implicou unha cerimonia (que tivo lugar o 30 de marzo) durante a cal unha ou máis botellas foron enterradas na illa. Rexistrouse unha botella que contiña un documento de anexión e unha moeda. En 1998, un equipo liderado por Philippe Godard e Max Cramer descubriu un tapón de botella de chumbo cunha moeda dun escudo francés (écu). Isto provocou unha procura máis ampla por parte dun equipo do Western Australian Museum dirixido por Myra Stanbury, con Bob Sheppard, Bob Creasy e o Dr. Michael McCarthy. O 1 de abril de 1998 desenterrouse unha botella intacta que levaba un tapón de chumbo idéntico ao que se recuperara anteriormente, tamén cunha moeda engastada. Mais non se atopou ningún rastro dun documento de anexión.[2][3][4]

En 1801, a illa foi visitada por unha expedición francesa a bordo do Naturaliste dirixido polo capitán Emmanuel Hamelin. Esta expedición atopou o prato de De Vlamingh case enterrado na area, o seu poste podrecera. O capitán ordenou que se volvese a erixir na súa posición orixinal. En 1818, o Uranie co explorador francés Louis de Freycinet, que fora oficial na tripulación de 1801 de Hamelin, enviou un bote a terra para recuperar o prato de De Vlamingh. Finalmente chegou a París, para perderse durante máis dun século. Foi atopado en 1940 e regresou a Australia en 1947, onde agora se pode ver no Western Australia Maritime Museum en Fremantle, Australia Occidental. A expedición de Baudin tamén deixou unha placa na illa o 16 de xullo de 1801.

En 1869, Francis Louis von Bibra (fillo de Franz Ludwig von Bibra) obtivo un contrato de arrendamento na illa. Von Bibra estableceu ovellas na illa e comercializou guano das súas baías.[5]

O arrendamento da illa foi adquirido polos irmáns Withnell aos señores Moore e Meade en 1907. A illa considerábase como un lugar ideal para unha granxa de ovellas xa que non había perigo de invasión de coellos.[6] En 1909 tiña un rabaño dunhas 12 000 ovellas e producía aproximadamente 400 fardos de la. A propiedade aínda era de John e James Withnell, os fillos de John e Emma Withnell que foron os primeiros colonos en Pilbara. Os irmáns estimaran que a superficie da illa era de 631 km² e o seu obxectivo era aumentar o rabaño na illa a 25 000 cabezas.[7] En 1910, o tamaño do rabaño era de 14 200.[8]

En 1919, James Nicholas, que tamén era propietario das estacións (ranchos) Croydon e Peron Peninsula, poxou polo arrendamento. A estación ocupaba unha superficie de 61 917 ha e estaba abastecida con aproximadamente 19 000 ovellas.[9]

O alcalde de Perth Sir Thomas Wardle comprou a illa como un refuxio privado para a súa familia en 1969 e logo retirouse alí, converténdose nun semirecluso coa súa esposa. Coa excepción da granxa, a illa volveu ser propiedade do goberno e converteuse en parte do Shark Bay Marine Park.[10] Agora mantense como un complexo turístico de ecoturismo mantido polo neto de Wardle, Kieran Wardle.

O 16 de marzo de 2008, o primeiro ministro australiano, Kevin Rudd, anunciou que os restos do cruceiro alemán da segunda guerra mundial Kormoran se atoparan no fondo do mar a uns 150 km ao oeste da illa.[11]

Notas editar

  1. "Dirk Hartog Landing Site 1616 – Cape Inscription Area more information". National heritage places. Department of the Environment, Water, Heritage and the Arts. 27 de xuño de 2008. Consultado o 25 de outubro de 2008. 
  2. Godard, Philippe; Kerros, Tugdual de; Margot, Odette; Stanbury, Myra; Baxter, Sue; Western Australian Museum; Godard, Phillippe; De Kerros, Tugdual; Margot, Odette; Stanbury, Myra; Baxter, Sue (2008). 1772 : the French annexation of New Holland : the tale of Louis de Saint Aloürn. Western Australian Museum. ISBN 978-1-920843-98-4. 
  3. Walter R. Bloom,"The Role of a French Écu in the Colonization of Western Australia", and "Another French Écu surfaces in Western Australia", The Numismatic Association of Australia Journal, vol.9, 1998, pp.34 – 42; vol.11, 2000, pp.47 – 49. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2009. Consultado o 2010-04-15. 
  4. Philippe Godard, Tugdual de Kerros 2002, "Louis de Saint Aloüarn, un marin breton à la conquête des terres australes", Les Portes du large, Saint-Jacques-de-la-Lande, 331-336
  5. Nyman, Lois; von Bibra, Graeme (1996). The von Bibra story. Launceston, Tasmania: Foot & Playsted. pp. 64–66. ISBN 978-0-9597188-1-2. OCLC 38406671. 
  6. "Stock and Station news". The Northern Times (Carnarvon, Western Australia: National Library of Australia). 31 de agosto de 1907. p. 2. Consultado o 13 de outubro de 2013. 
  7. "Along the Nor'-West Coast". Western Mail (Perth: National Library of Australia). 15 de xaneiro de 1910. p. 45. Consultado o 13 de outubro de 2013. 
  8. "Shark Bay.". The Northern Times (Carnarvon, Western Australia: National Library of Australia). 3 de decembro de 1910. p. 4. Consultado o 13 de outubro de 2013. 
  9. "Advertising.". Western Mail (Perth: National Library of Australia). 13 de novembro de 1919. p. 14. Consultado o 28 de abril de 2014. 
  10. "Cape Inscription – Culture and History". The Age. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 10 de abril de 2009. 
  11. Australian Associated Press (16 de marzo de 2008). "HMAS Sydney hunt digs up the Kormoran". The West Australian. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2008. Consultado o 16 de marzo de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar