A illa Ammassalik (dinamarqués: Ammassalik Ø) é unha illa no municipio de Sermersooq no sueste de Groenlandia, cunha superficie de 772 km².[1]

Modelo:Xeografía políticaIlla Ammassalik
Imaxe

Localización
Mapa
 65°43′N 37°42′O / 65.72, -37.7
EstadoDinamarca
País autónomoGroenlandia
ConcelloSermersooq Editar o valor en Wikidata
CapitalTasiilaq (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.093 Editar o valor en Wikidata (2,99 hab./km²)
Xeografía
Superficie699 km² Editar o valor en Wikidata
Medición31 (ancho) × 37,5 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar
 
200px Tasiilaq na illa de Ammassalik

A illa de Ammassalik está situada na rexión do King Christian IX Land. A illa está separada da parte continental de Groenlandia, no oeste, polo ancho fiorde Sermilik e, no nordés, polo estreito de Ikaasartivaq. No leste e sueste da metade sur, a cada vez máis ampla metade do fiorde Ammassalik separa a illa de Ammassalik dun arquipélago de illas, no que destacan as illas de Apusiaajik e Kulusuk a través do estreito de Torsuut Tunoq. A costa sur da illa está bañada polas augas do océano Atlántico Norte.[2]

A cidade de Tasiilaq atópase no lado sueste da illa. O punto máis alto da illa é un pico glaciar na parte norte, con 1.352 m.

Asentamentos

editar

O único asentamento permanentemente habitado na illa é a cidade de Tasiilaq na costa sur da illa, con 1.893 habitantes en 2009,[3] a comunidade máis poboada da costa oriental, e a sétima cidade máis grande de Groenlandia.

A estación de investigación Sermilik atópase a 15 km ao noroeste de Tasiilaq, na costa oeste.

O municipio de Ammassalik foi un exmunicipio de Groenlandia. Agora é parte do Municipio de Sermersooq.

  1. "Norwegian University of Science and Technology". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 06 de outubro de 2017. 
  2. Tasiilaq, Saga Map, Tage Schjøtt, 1992
  3. 'Greenland in Figures 2009' Arquivado 19 de xullo de 2011 en Wayback Machine., Statistics Greenland

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar