Ilícito

(Redirección desde «Ilexítimo»)

Ilícito,[1][2] ilegal,[3] ou ilexítimo,[4] é todo acto que non estea permitido legal ou moralmente. Trátase, polo tanto, dun delito (un quebrantamento da lei) ou dunha falta ética. Coñécese, por tanto, como acto ilícito todo acto contrario a dereito. A causa ilícita, por outra parte, é aquela que se opón ás leis ou á moral.

Non hai que esquecer que tamén existe o que se coñece como ilícito administrativo, que se define como o acto ou a conduta que é totalmente contraria ao que establece o dereito, é dicir, o ilícito administrativo é unha infracción a calquera do conxunto de prohibicións que se organizan dentro dos ordenamentos xurídicos ou administrativos, como poden ser as leis o ordenamentos que regulan os impostos, o tráfico de vehículos ou o goberno das administracións públicas.

Do mesmo xeito, tamén está o ilícito tributario, que é unha violación das leis financeiras existentes. Esta acción dá lugar a que a persoa infractora teña que “compensar” aquel acto mediante o pago dunha cantidade de diñeiro, ben ao Estado ou a outra entidade pública (Goberno da Comunidade Autónoma, Deputación Provincial ou Concello). Outras sancións que se poden establecer son a clausura temporal do establecemento comercial, inhabilitación ou mesmo prisión.

O enriquecemento ilícito é un concepto que fai referencia ao acto de enriquecerse por medios contrarios á lei. Esta noción adoita utilizarse para sinalar ao funcionario público que aproveita o seu poder e autoridade para realizar negocios ilegais ou que obtén diñeiro grazas a subornos.

Porén, tampouco podemos pasarmos por alto que existen outros actos, igualmente delitivos, de comercio ilícito, algúns deles verdadeiramente repugnantes, como o narcotráfico ou o tráfico de persoas (de nenos, mulleres, inmigrantes etc,) así como como o de obras de arte que, aínda que menos repulsivos, do mesmo xeito levan a moitas persoas a seren xulgadas e condenadas con penas de cárcere.

Notas editar

  1. Ilícito, do latín illicĭtus, -a, -um, "ilícito", "lilexítimo".
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ilícito..
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ilegal..
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ilexítimo..

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar