O deserto dos tártaros

novela de Dino Buzzati
(Redirección desde «Il deserto dei Tartari»)

O deserto dos tártaros[1] (en italiano: Il deserto dei Tartari) é unha novela do autor italiano Dino Buzzati publicada en 1940.[2] A novela conta a historia dun oficial novo, Giovanni Drogo, e a súa vida como gardián da fortaleza Bastiani, unha vella e mal mantida fortaleza fronteiriza. A novela foi clasificada no posto 29 dos 100 libros do século segundo Le Monde.

O deserto dos tártaros
Título orixinalIl deserto dei Tartari
Autor/aDino Buzzati
OrixeItalia
LinguaItaliano
ColecciónGrandes do noso tempo
Xénero(s)Novela
EditorialItalia Rizzoli
Galicia Edicións Xerais
Data de pub.Italia 1940
Galicia 1991
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas216
ISBNISBN 84-7507-586-X
TraduciónXavier Rodríguez Baixeras
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Xavier Rodríguez Baixeras e foi publicado por Edicións Xerais no ano 1991, na colección Grandes do noso tempo.[1] No ano 1992, a tradución gañou o Premio Ramón Cabanillas de Tradución.

Adaptación editar

En 1976, a novela foi adaptado no filme Il deserto dei Tartari,[3] dirixido por Valerio Zurlini e protagonizado por Jacques Perrin no papel de Drogo, xunto con Max von Sydow como Ortiz e Vittorio Gassman como Filimore. O filme omite certas partes da novela, especialmente aquelas relacionas coas vidas dos amigos de Drogo na súa vila natal.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 O deserto dos tártaros. Traducido por Xavier Rodríguez Baixeras (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais. 1991. ISBN 84-7507-586-X – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Encyclopedia Britannica (ed.). "Dino Buzzati | Italian author" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  3. "The Desert of the Tartars". Consultado o 29 de agosto de 2018.