Ikerne Badiola

xornalista e política vasca

Ikerne Badiola Gartziandia, nada en Zumarraga (Guipúscoa) o 14 de febreiro de 1971, é unha xornalista e política vasca de ideoloxía nacionalista vasca. É Secretaria de Comunicación e Mercadotecnia de Eusko Alkartasuna[cando?].

Infotaula de personaIkerne Badiola
Biografía
Nacemento14 de febreiro de 1971 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Zumarraga, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEusko Alkartasuna Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Ciencias da Información, tanto en Xornalismo como en Publicidade, pola Universidade do País Vasco. Exerceu a súa profesión en distintos medios de comunicación públicos, así como no gabinete de comunicación dos Cursos de Verán da UPV. Así mesmo, traballou durante máis de catro anos na área de seguridade e saúde nunha empresa da construción.

A súa traxectoria política en Eusko Alkartasuna estivo ligada ao mundo da información. Tras o seu paso por Gazte Abertzaleak e desde 2001 é responsable de Prensa do partido e desde 2003 até o pasado Congreso de xuño de 2009, foi vicesecretaria de Comunicación da Executiva Rexional de Guipúscoa.

Presidiu a Organización Local de Zumarraga durante catro anos, até 2003; desde as eleccións celebradas aquel ano é concelleira e voceira do grupo municipal de EA no concello desa localidade.