Iker Urreizti
Iker Urreizti Aldalur, nado en Donostia o 26 de abril de 1975, é un ex xogador de baloncesto profesional vasco. Mide 1,85 metros, pesa 70 kg e xogaba na posición de base.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1975 (49 anos) Donostia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1995 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarIker Urreizti formouse na canteira do Juven Saski para logo iniciar un longo periplo por varios equipos de ACB, Liga LEB e EBA. Tralo seu paso polo Ernesto Electrodomésticos Alicante e polo Viña Costeira Verín da liga EBA, debutou na ACB con 22 anos, defendendo a camiseta do Fórum Valladolid.
A continuación, comezou unha longa traxectoria na LEB. Polo camiño, ascendeu á máxima categoría co Leite Río Breogán de Paco García, equipo co que tamén xogaría na ACB. Posteriormente pasaría por varios equipos punteiros da LEB, caso de Club Melilla Baloncesto, Bàsquet Manresa, Gijón Baloncesto, Baloncesto León, CB Tarragona, Club Baloncesto Vila Los Barrios e Club Baloncesto Huelva a Luz.
O base vasco clasificouse para o play off polo título en cinco do sete últimas tempadas. A última vez foi na campaña recentemente finalizada, co Cidade de Huelva, club co que chegou até as semifinais para caer ante o Ricoh. Antes, o seu equipo eliminara ao Cantabria, líder da fase regular.
Clubs
editar- Lucentum Alicante (1995-1996)
- Viña Costeira Verín (1996-1997)
- Fórum Valladolid (1997-1998)
- Galicia Breogán (1998–2000)
- Caja Rural Melilla (2000–2001)
- Minorisa Manresa (2001–2002)
- Gijón Baloncesto (2002–2003)
- León Caja España (2003–2004)
- Tarragona (2004–2005)
- Los Barrios (2005–2006)
- Ciudad de Huelva (2006–2007)
- CB Canarias (2007-2011)
Palmarés
editar- 2 ascensos á ACB (1999, 2002)
- 1 Copa Príncipe (2001)
- 1 Copa Galicia (1998)
- 1 Liga Catalá