Iisalmen Peli-Karhut

Os Iisalmen Peli-Karhut, ou simplemente IPK, son un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Iisalmi, na rexión de Savonia do Norte (Finlandia). O equipo foi fundado en 1966 e dende 2016 xoga na segunda liga máis importante de Finlandia, a Mestis. Xoga os seus partidos como local no Kankaan jäähalli, un pavillón con capacidade para 1 326 persoas.[1]

Iisalmen Peli-Karhut
Fundación1929
Cidade Iisalmi,
Savonia do Norte
Finlandia Finlandia
EstadioKankaan jäähalli
(1 326 persoas)
LigaMestis
Campionatos0
AdestradorNiko Härkönen
Afiliado(s)KalPa (liiga)
CoresNegro e amarelo
           

En 2021 o equipo fixo historia ao gañar a medalla de bronce da Mestis por primeira vez na súa historia logo de derrotar no partido polo bronce aos Kiekko-Pojat de Joensuu 0-4.[2]

Personalidades editar

Xogadores editar

Números retirados editar

O IPK ten retirado os seguintes catro números ao longo da súa historia:[1]

Números retirados de IPK
Número Nome
5 Pekka Huttunen
24 Risto Kurkinen
25 Jarmo Ylisipola
75 Janne Svensk

Palmarés editar

  • 1 medalla de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2021

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "IPK. Historia" (en finés). Mestis.fi. Consultado o 1 de novembro de 2022. 
  2. "IPK:LLE MESTIKSEN PRONSSIA!" (en finés). IPK.fi. 21 de abril de 2021. Consultado o 1 de novembro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar