Igrexa evanxélica luterana española

A Igrexa Evanxélica Luterana Española é unha comunidade cristiá de tradición luterana asentada en España, como Misión dende o ano 2000 e como Igrexa dende 2004. Trátase dunha igrexa luterana de tipo confesional, pois se adhire ao Libro de Concordia (1580) como unha fiel exposición das ensinanzas da Biblia.

Afiliación

editar

Pertence ao Concilio Luterano Internacional, unha organización internacional de igrexas luteranas que non ten acordos de comuñón coa Federación Luterana Mundial e do Consello Mundial de Igrexas. Esta Igrexa ten sólidos vínculos coa Igrexa Evanxélica Luterana Arxentina (IElA) e coa Igrexa Luterana-Sínodo de Missouri (LCMS).

Ligazóns externas

editar