Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días en Portugal

As primeiras reunións da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días realizadas en Portugal foron dentro das Forzas Armadas dos Estados Unidos estacionadas no país a principios de 1970. Máis tarde, en 1974, o Presidente da Igrexa Spencer W. Kimball visitou Portugal e recibiu a confirmación de que a Igrexa sería recoñecida e que os misioneiros podían comezar a traballar no país.

A IXSUD conta con dúas misións en Portugal: Lisboa e Porto.

En novembro de 1974, o élder William Grant Bangerter do Setenta chegou a Lisboa para presidir a recentemente creada Misión Portugal Lisboa. Catro misioneiros foron transferidos dunha misión no Brasil para comezar o traballo. As primeiras reunións da IXSUD foron realizadas na casa dun membro da embaixada canadense que vivía en Portugal.

En xullo de 1975 había 100 membros portugueses e fóronse adherindo até ser 1000 en xullo de 1978. Hoxe hai máis de 38.000 membros organizados en decenas de congregacións locais. Estas congregacións, chamadas ás e ramas, serven como centro de todas as actividades da Igrexa local, incluíndo os cultos dos domingos e clases para os nenos, novos e adultos, homes e mulleres. Actividades durante a semana proporcionan oportunidades de instrución adicional, eventos sociais e ofertas culturais como danza, musicais e teatro ademais de actuacións deportivas. Portugal non posúe ningún templo SUD: o máis próximo atópase en Madrid, o cal é frecuentado pola maioría dos mormóns portugueses.

Actualmente existen 38.188 santos dos últimos días en Portugal, así como 6 estacas, 75 ás e ramas, 2 misións (Lisboa e O Porto) e 23 centros de historia familiar[1].

Relación cos medios de comunicación editar

A Igrexa SUD utiliza un espazo propio na RTP 2 xunto con outras confesións relixiosas[2]. Esta posibilidade atópase amparada pola lei de liberdade relixiosa[3].

Esta programación consiste nun programa de 7 minutos Fé dos Homens ("Fe dos Homes") e outro de 30 minutos titulado Caminhos ("Camiños").

En 2009 iniciouse un conxunto de programas na radio RDP baseado nos programas de televisión [4].

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. Igrexa Mormona dispón de rexistros até o século XVI en 20 puntos do país
  2. "Programação RTP 2". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2008. Consultado o 27 de decembro de 2009. 
  3. "Lei de Liberdade Relixiosa (2001) art. 25º" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de novembro de 2011. Consultado o 27 de decembro de 2009. 
  4. Confesións relixiosas pasan a ter programa na radio pública[Ligazón morta]