Igrexa de Västerhejde

igrexa de Suecia

A igrexa de Västerhejde (sueco: Västerhejde kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Västerhejde, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Västerhejde
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónVästerhejde
Coordenadas57°34′50″N 18°14′53″L / 57.580581, 18.248183Coordenadas: 57°34′50″N 18°14′53″L / 57.580581, 18.248183
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

Historia e arquitectura editar

A igrexa de Västerhejde foi construída en estilo románico durante o século XIII, pero sufriu algúns cambios durante o século XIX. O coro con ábsida e a nave levantáronse no ano 1204, e a torre construíuse en 1240.[1] O portal sur do coro foi retirado no século XIX sendo substituído por unha gran fiestra, e a agulla da torre, que na súa orixe tiña un deseño apuntado, cambiouse en 1856 pola presente de gabletes escalonados que non se atopa en ningunha outra igrexa medieval de Gotland. A reconstrución foi necesaria xa que o edificio estaba tan arruinado que as pedras estaban caendo no seu interior.[1] Once anos antes o consello da parroquia decidira abandonar a igrexa, pero as parroquias veciñas dixeron que debían ter coidado da súa igrexa.[1]

A pía bautismal de arenita foi doada polo xuíz Olof Lundsberg en 1681. No exterior atopouse soterrada un pía previa que chegou a ser usada como floreiro.[1] As vigas probablemente estiveron expostas durante a Idade Media, pero no século XVII colocouse un teito pintado. Este teito estragouse e no ano 1956 o artista Curt Viberg elaborou unha copia.[1] O retablo, púlpito e bancos son do século XVII. No interior colga unha pintura ao óleo de Fredrik Westin que foi un regalo da princesa Uxía de Suecia e Noruega, que pasou varios veráns preto da igrexa.[2]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jonson, Christer (2017). Angels et dragons : Gotland's cultural treasures. Visby: Gotlands Museum. ISBN 9789188036988. OCLC 1077527198. 
  2. Jacobsson, Britta; Johansson, Eva; Johansson, Per; Andersson, Rolf (1990). Klarkullens förlag AB, ed. Våra kyrkor. Västervik. p. 682. ISBN 91-971561-08.