Igrexa de Stenkyrka

igrexa da illa sueca de Gotland

A igrexa de Stenkyrka (sueco: Stenkyrka kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Stenkyrka, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Stenkyrka
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónStenkyrka
Coordenadas57°47′36″N 18°31′54″L / 57.79324, 18.53154Coordenadas: 57°47′36″N 18°31′54″L / 57.79324, 18.53154
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
Páxina webhttps://www.svenskakyrkan.se/tjorn/stenkyrka-kyrka
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Segundo a Gutasaga, un home chamado Lickajr o Sabio construíu unha das primeiras igrexas de Gotland en Stenkyrka. De ser certo, esa primeira igrexa probablemente fose de madeira. O nome Stenkyrka (igrexa de pedra) implica que tamén a igrexa de pedra é temperá, dun período no que as construcións feitas de pedra eran aínda pouco comúns como para darlle o seu nome a un lugar. Esta primeiro igrexa románica desapareceu, pero atopáronse restos e os arqueólogos foron capaces de determinar que era unha pequena igrexa con torre, nave e coro.[1][2]

A igrexa románica foi substituída polo presente edificio que se comezou a construír a mediados do século XIII. O coro reconstruíuse primeiro, seguido pola nave, que foi inaugurada polo bispo de Linköping en 1255. A torre engadíuse durante o século XIV, collendo como modelo ás de tres igrexas semellantes de Visby, no presente destruídas.[1][2]

A igrexa foi restaurada entre os anos 1954 e 1955.[1]

Arquitectura editar

Externamente a igrexa está dominada pola ben executada torre, unha das mellor construídas de Gotland. A igrexa ten dous sinxelos portais románicos e un portal gótico na torre. No seu interior a igrexa está ricamente decorada con frescos que datan de tres períodos diferentes. Os máis antigos son de mediados do sécuo XIII e principalmente ornamentais. Do mesmo século pero posteriores hai varias pinturas que representan animais imaxinarios, cortinas e imitacións de mármore. Os máis recentes, de finais do século XIV, amosan figuras e escenas da Biblia.[1]

O mobiliario é principalmente de despois da Reforma protestante. Un crucifixo finamente tallado data de finais do século XIV, e a pía bautismal é do século XII. A igrexa tamén é onde se atopa a lápida máis antiga de Gotland, do ano 1200.[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 242–245. ISBN 9129410355. 
  2. 2,0 2,1 Andrén, Anders (2011). Historiska Media, ed. Det Medeltida Gotland. En arkeologisk guidebok. Lund. pp. 172–174. ISBN 978-91-85873-83-8.