Igrexa de Stånga

igrexa medieval

A igrexa de Stånga (sueco: Stånga kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Stånga, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Stånga
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónStånga
Coordenadas57°16′59″N 18°27′57″L / 57.28307, 18.46591Coordenadas: 57°16′59″N 18°27′57″L / 57.28307, 18.46591
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Escavacións arqueolóxicas descubriron que unha igrexa de madeira foi construída no mesmo lugar durante o século XII a máis tardar.[1] A pía bautismal da igrexa probablemente vén dese primeiro edificio. Foi atribuída ao mestre escultor coñecido como Hegvald e data de finais do século XII.[2]

A presente igrexa data principalmente do século XIV, e é traballo do obradoiro do canteiro coñecido como Master Egypticus. Só o coro é máis antigo, sendo levantado orixinalmente a finais do XII ou comezos do XIII pero reconstruído na década de 1860.[2] Entre os anos 1962 e 1963 a igrexa foi restaurada.[2]

Arquitectura editar

O exterior da igrexa amosa unha das pezas máis pouco comúns de decoración gótica en Gotland, xusto ao lado ao portal do portal dur. O propio portal está ricamente decorado con esculturas que representan a infancia de Cristo, a coroación da Virxe e Cristo en Maxestade. Ao lado do portal hai máis esculturas incorporadas ao muro da igrexa, aparentemente ao azar. Representan a adoración dos Magos, a flaxelación de Cristo e a Cristo sendo retirado da cruz. Probablemente estas esculturas foron feitas para un portal occidental maior que nunca se construíu.[1][2] A súa torre é unha das máis altas de Gotland.[2]

No interior, a igrexa está dominada por unha única columna central. A súa cruz triunfal é principalmente un traballo do século XIII. O retablo é do ano 1690, mentres que o púlpito é de 1723.[2]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Andrén, Anders (2011). Historiska Media, ed. Det medeltida Gotland: en arkeologisk guidebok. Lund. pp. 203–206. ISBN 978-91-85873-83-8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 245–248. ISBN 9129410355.