Igrexa de Santo Ildefonso de Madrid

A igrexa de Santo Ildefonso é un edificio relixioso, destinado ao culto católico, situado na praza do mesmo nome da cidade de Madrid (España).[1]

Igrexa de Santo Ildefonso
Fachada da igrexa de Santo Ildefonso
Datos xerais
PaísEspaña
RexiónComunidade de Madrid
TipoIgrexa
AdvocaciónSanto Ildefonso
LocalizaciónP. S. Ildefonso, 8.
Distrito Centro, Madrid
Coordenadas40°25′26″N 3°42′07″O / 40.423984, -3.702028Coordenadas: 40°25′26″N 3°42′07″O / 40.423984, -3.702028
Culto
CultoCatólico
DioceseArquidiocese de Madrid
Arquitectura
Construción1826–1827
ArquitectosJuan Antonio Cuervo
EstiloNeoclásico
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O edificio orixinal foi fundado o 28 de setembro de 1619, dependente da parroquia de San Martiño, e destruído a comezos do século XIX. A planta do conservado é obra do arquitecto Antonio Cuervo, en 1827, aínda que cinco anos despois sufriu un grande incendio.

 
Aquí casaron Rosalía e Murguía.

Unha placa no exterior do templo lembra que alí casou o 10 de outubro de 1858 a poetisa galega Rosalía de Castro, veciña da Corredera Baja de San Pablo, con Manuel Murguía.[2] Durante a guerra civil española empregouse para almacenar provisións, sufrindo grandes desfeitas no conflito. Quedou restaurada integramente en 1952.

A cargo desta igrexa está o veciño humilladero da nosa Señora da Soidade, da rúa de Fuencarral.[3]

No seu interior destaca un retablo barroco, atribuído a Gaspar Becerra, dúas imaxes de santo Antonio de Padua e san Xosé, atribuídas a Francisco Vergara Bartual o Mozo e unha talla anónima de Cristo crucificado do século XVII.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar