Igrexa de Santiago de Breixa
Santiago de Breixa é a igrexa parroquial de Breixa, no concello de Silleda.
Igrexa de Santiago de Breixa | |
---|---|
Igrexa de Breixa. | |
País | España |
Advocación | Santiago Apóstolo |
Localización | Breixa (Silleda) |
Coordenadas | 42°44′06″N 8°15′29″O / 42.735083333333, -8.2579722222222 |
Culto | |
Diocese | Lugo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarÉ unha igrexa barroca, dunha soa nave e unha ábsida rectangular, onde se conservan restos románicos, cunha ventá de medio punto con dobre arquivolta.Conta ademais con canzorros no muro sur. A súa espada, con dous ocos para as campás e un terceiro sobre estes, está adornada con pináculos e rematada nunha cruz.
No seu interior, destaca o seu presbiterio, así como a iconografía dos capiteis, que serven de mostra do bestiario medieval. Alúdese aos pecados capitais e paixóns do home e a súa loita contra eles. Tamén aparecen representados centauros, harpías, sereas, grifóns, testas de león e de lobo, aves rapaces, serpes e outros animais fantásticos ,configurando un conxunto temático excepcional no románico galego.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Igrexa de Santiago de Breixa na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.