Santuario de Santa María a Real do Cebreiro

construción relixiosa no Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro
(Redirección desde «Igrexa de Santa María do Cebreiro»)

O Santuario de Santa María a Real do Cebreiro é un templo católico situado na parroquia do Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro) na comarca dos Ancares.

Santuario de Santa María a Real do Cebreiro

Tiposantuario e igrexa Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Diocesediocese de Lugo Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°42′28″N 7°02′36″O / 42.7078, -7.0433
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Lugo
ConcelloPedrafita do Cebreiro
ParroquiaO Cebreiro Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesPatrimonio Galego: 6500
Wikidata ] C:Commons ]

Historia

editar

Foi fundada polo Conde de Aurillac, e inicialmente formaba parte dun mosteiro. É un dos monumentos máis antigos da vía francesa do Camiño de Santiago, atribuíndoselle unións á lenda do Santo Graal. Esta relación aparece reflectida no escudo de Galicia.

Arquitectura

editar

A igrexa é de estilo prerrománico, e ten a súa orixe no século IX. Ten nave rectangular, cuberta a dúas augas e cuberta de tella. A fachada non é a orixinal, senón que foi reconstruída posteriormente. Está formada por tres naves separadas por piares e rematada en tripla cabeceira.

Entre o patrimonio moble do templo, está unha pía bautismal de inmersión do século XVIII, un cáliz do século XII, a patena e unhas ampolas de cristal de rocha bañadas en prata doadas por Isabel a Católica na súa visita en 1486.

Hai diversas tradicións orais relativas ao templo. Ao parecer, antigamente os monxes do mosteiro facían soar a campá para orientar os peregrinos nos días de néboa. Outra lenda relata un milagre: un veciño ía sempre a misa, xa chovese, tronase ou nevase, e o sacerdote ríase del, até que un día, ao recibir a eucaristía, o pan e o viño convertéronse en carne e sangue de verdade. A mesma tradición di que os dous sepulcros antropomorfos do templo son os do sacerdote e o campesiño.

Galería de imaxes

editar