Abrir o menú principal

Igrexa de Santa María Salomé de Santiago de Compostela

igrexa románica
(Redirixido desde "Igrexa de Santa María Salomé")

A igrexa de Santa María Salomé é un templo católico construído orixinariamente no século XII situado en Santiago de Compostela, Galiza. Considérase a única igrexa dedicada a Santa Salomé, nai de Santiago Zebedeo.

Igrexa de Santa María Salomé de Santiago de Compostela
Igrexa de Santa María Salomé (8470516283).jpg
Fachada.
Datos xerais
TipoIgrexa parroquial
AdvocaciónSanta Salomé
LocalizaciónSantiago de Compostela, Galicia
Coordenadas42°52′43″N 8°32′37″O / 42.878496, -8.543653Coordenadas: 42°52′43″N 8°32′37″O / 42.878496, -8.543653
Culto
CultoCatólico
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
ConstruciónSéculo XII - século XVIII
EstiloRománico, gótico e barroco
editar datos en Wikidata ]

DescriciónEditar

A igrexa foi construída orixinariamente baixo o impulso do bispo Diego Xelmírez no primeiro terzo do século XII. Desa época existen aínda algúns vestixios, como o pórtico románico, no que destaca o motivo central dunha imaxe da adoración do neno.

Do período gótico destacan principalmente dúas capelas situadas ao lado da nave principal, ao lado da epístola. A primeira destas capelas, mais preto da cabeceira, está dedicada á Virxe María. Segundo o investigador Caamaño, os seus fundadores e patrocinadores foron Lope de Losada e Teresa Gómez Mosquera; existen rexistros do acordo entre Dona Teresa e Sadornín Fernández sobre certos detalles sobre a capela, datados o 2 de maio de 1578. A capela contigua é da mesma época e, como a de Nosa Señora, é de planta rectangular e bóveda, alzada sobre mísulas, con cinco chaves e o mesmo tipo de arco de acceso. Lixeiramente posterior, o alpendre foi construído no inicio do século XVI. O adro ten un arco gótico á fronte e arcos de medio punto nos lados.

Alén da profusión de detalles propios da devoción mariana, os estudosos citan tamén como elemento interesante na igrexa a torre barroca, finalizada no século XVIII. Por causa dos seus trazos vigorosos, segundo Ramón Otero Pedrayo, a igrexa de Santa María Salomé foi «comparada a unha moza aldeá garrida e piadosa nun paseo das damas aristocráticas.»

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar