Igrexa de San Martiño de Aldeamayor de San Martín

A Igrexa de San Martiño de Tours é un templo católico que se atopa na localidade de Aldeamayor de San Martín (provincia de Valladolid). Está declarada Ben de Interese Cultural.

Igrexa de San Martiño de Tours
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónCastela e León
TipoIgrexa
AdvocaciónSan Antolín
LocalizaciónAldeamayor de San Martín
Coordenadas41°30′45″N 4°38′27″O / 41.5125, -4.6408333333333Coordenadas: 41°30′45″N 4°38′27″O / 41.5125, -4.6408333333333
CatalogaciónBen de Interese Cultural dende o 20/10/1997
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseValladolid
Arquitectura
ConstruciónSéculo XV-século XVI
Estilogótico, renacemento, herreriano
IdentificadorRI-51-0010169
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Na súa construción distínguense varias etapas e distintos estilos arquitectónicos. A finais do século XV construíronse a cabeceira e a capela contigua, de Santa Catalina, fundada en 1497 polo bacharel Juan Fernández, cura do municipio e arcipreste de Fuentidueña.

A segunda etapa emprendeuse durante a segunda metade do século XVI, pero as obras avanzaban lentamente, xa que a comezos do século XVII aínda se estaban construíndo as naves, e en 1623 estaba por terminar o corpo da igrexa. Durante este período traballaron na súa construción varios mestres, documentándose en 1598 varios pagos a Francisco del Bado; en 1610, o mestre canteiro Pedro de la Vega substitúe a de los Corrales.

Nunha terceira etapa levouse a cabo a construción da torre, de boa cantería, levantada no último tramo da nave da Epístola. Consta de dous corpos sobre zócolo, o inferior é liso, e o superior perforado con arcos de medio punto nas frontes. Está rematada con antepeitos balaustrados e pináculos. Nun dos seus peitorís está inscrito o ano 1566 como data de conclusión. Segundo a información dos libros de fábrica desta igrexa, a torre é obra do canteiro Diego de Cubillas quen nomea como "mestre da torre". Cubillas morreu antes de recibir tódolos pagos e foi o seu xenro e herdeiro, o canteiro Lope de Matienzo, quen se encargou de cobrar o total.

Xa no século XVII, dentro do estilo purista postherreriano, traballou na obra Diego de Praves, encargado de examinar o proxecto, e dar trazas e condicións para a súa conclusión. Máis tarde, en 1636, terminou de construír a portada, aberta con arco sinxelo, encadrado por pilastras e entallamento, sobre o que se colocou unha fornela que alberga unha imaxe de pedra de San Martiño Bispo, labrada en 1736.

A igrexa ten coro alto ós pés cun órgano rococó de madeira sen pintar, do século XVIII.

Galería de imaxes editar