Igrexa de Lye
A igrexa de Lye (sueco: Lye kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Lye, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Igrexa de Lye | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Lye |
Coordenadas | 57°17′53″N 18°31′35″L / 57.29791667, 18.52636111 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
Páxina web | https://www.svenskakyrkan.se/garde/lye-kyrka |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA parte máis antiga da igrexa de Lye é a nave románica, que data de finais do século XII ou de principios do XIII. Un sarcófago de pedra decorado, que orixinalmente puido deseñarse como unha tumba ou relicario, está incorporado á parede da igrexa. É do século XII e foi tallado polo escultor coñecido como Master Sigraf.[1][2]
A torre engadíuse durante a primeira metade da década de 1220, e máis dun século despois, na década de 1330, construíuse o coro gótico, substituíndo a un anterior de estilo románico.[3] Semella que a construción do cora ía ser o primeiro paso para unha reconstrución máis grande da igrexa, pero por algunha razón o proceso parouse despois de rematar o novo coro.[1][3]
Dende entón non houbo grandes alteracións na súa estrutura. De feito, as paredes que conectan o coro gótico e a nave románica son aínda máis finos que os do resto da igrexa, indicando que estes só se trataban dun arranxo provisional e que o edificio quedara sen rematar dende a década de 1330.[3] O tellado actual da torre é do ano 1774.[4] A igrexa foi restaurada entre 1954 e 1955.[1]
Arquitectura
editarA desproporcionada igrexa ten ese aspecto exterior polo proceso de reconstrución non rematado durante a idade media. Polo tanto o coro tende a dominar o edificio. A igrexa ten tres portais externos, dous románicos na nave e un gran portal gótico no coro.[3] O portal do coro foi executado polo obradoiro dun canteiro local coñecido como Master Egypticus e contén esculturas que representan a infancia de Cristo, estando coroado por unha escultura de Cristo en Maxestade.[1] A torre da igrexa está decorada con galerías con fiestras.
No interior, a igrexa está decorada con frescos do século XV, representando a Paixón de Cristo, e do século XIV, refresentando a Cristo en Maxestade con grifóns e outros animais imaxinarios ao redor.[3]
Porén, probablemente o elemento máis famoso da igrexa son as súas vidreiras medievais.[3] As fiestras do leste e o sur do coro son do segundo cuarto do século XIV e foron engadidas durante a súa construción.[1][3] As pinturas na fiestra oriental representan a infancia e paixón de Cristo,[1][3] e nas do sur aparecen distintos santos, entre eles Catarina de Alexandría e Santo Olavo.[3] As vidreiras da igrexa de Lye son o conxunto de vidreiras medievais mellor consevado dos países nórdicos.[1][2][3][4]
Entre o mobiliario destaca o retablo, realizado en 1496 cunha representación do Veo de Verónica na predela. A gran cruz triunfal data da mesma época, mentres que a pía bautismal é unha peza non decorada do século XIII.[1] No chan tamén hai varias tumbas medievais, incluída unha dun home chamado Jakob, que segundo a inscrición morreu por unha bola de canón mentres participaba no asedio de Eric de Pomerania ao castelo de Visborg en 1449.[3]
Galería de imaxes
editar-
Vista dende o aire
-
Portal do coro
-
Vidreira
-
Interior da igrexa
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 206–208. ISBN 9129410355.
- ↑ 2,0 2,1 "Lye kyrka". Guteinfo. Consultado o 14 de agosto de 2018.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 Andrén, Anders (2011). Historiska Media, ed. Det medeltida Gotland: en arkeologisk guidebok. Lund. pp. 196–198. ISBN 978-91-85873-83-8.
- ↑ 4,0 4,1 "Lye kyrka". Svenska Kyrkan. Consultado o 14 de agosto de 2018.