Igrexa de Hogrän

igrexa na illa sueca de Gotland

A igrexa de Hogrän (sueco: Hogräns kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Hogrän, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Hogrän
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónHogrän
Coordenadas57°30′17″N 18°18′28″L / 57.50463, 18.3079Coordenadas: 57°30′17″N 18°18′28″L / 57.50463, 18.3079
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

Historia e arquitectura editar

A igrexa de Hogrän está formada por unha torre románica e un coro e unha nave góticos. A torre é así a parte máis antiga do edificio e data de ao redor do ano 1200. Unida a esta atopábase orixinalmente unha igrexa anterior de pedra, tamén de estilo románico e levantada durante o século XII. No século XIV foi substituída pola nave e o coro actual. Uns poucos detalles da igrexa románica, como algúns relieves e un marco dunha fiestra románica, foron incorporados ao presente edificio.[1]

O interior da igrexa está caracterizado polo ancho da nave, duns 10 metros. A igrexa contén varios obxectos medievais. A cruz triunfal é unha das esculturas de madeira máis antigas de Gotland, datando do século XII. As portas finamente talladas do tabernáculo son de principios do século XV, e a porta da sancristía é tamén medieval. A pía bautismal, probablemente realizada polo artesan coñecido como Master Byzantios, é de finais do século XII. De datas posteriores son o retablo (1634), o púlpito (1637) e os postos do coro (do século XVII pero con elementos medievais incorporados).[1]

A igrexa foi restaurada entre 1953 e 1954.[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 151–153. ISBN 9129410355.