Igrexa de Havdhem

A igrexa de Havdhem (sueco: Havdhems kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Havdhem, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Havdhem
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónHavdhem
Coordenadas57°09′45″N 18°19′24″L / 57.16256, 18.32336Coordenadas: 57°09′45″N 18°19′24″L / 57.16256, 18.32336
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

Historia e arquitectura

editar

Aínda que as partes máis antigas da igrexa de Havdhem están datadas da primeira metade do século XII, no seu cemiterio descubríronse tumbas do período da chegada da cristiandade a Gotland no século XI. O coro é a parte máis vella do edificio, que garda semellanza co das igrexas de Garde e Källunge. Porén, o portal do coro é posterior, do século XIII. A nave data de ao redor do ano 1300 pero orixinalmente era pequena. Probablemente foi agrandada en 1580 tras un incendio que destruíu a igrexa. A ábsida foi engadida ao coro máis ou menos na mesma época da construción da nave. Ten semellanzas co dunha das igrexas en ruínas de Visby, St. Drotten. A torre é de mediados do século XIII e orixinalmente era un pouco máis alta. Substituíu a unha torre anterior máis pequena.[1]

Internamente a ábsida conserva uns poucos fragmentos de frescos que amosan influencias bizantinas. O retablo data do ano 1667 e o púlpito de 1679, mentres que a pía bautismal é de 1685. A súa cruz triunfal é un traballo realizado no século XV.[1]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 170–171. ISBN 9129410355.