Igrexa de Halla

Igrexa medieval en Gotland

A igrexa de Halla (sueco: Halla kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Halla, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Halla
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónHalla
Coordenadas57°30′39″N 18°29′50″L / 57.51092, 18.49718Coordenadas: 57°30′39″N 18°29′50″L / 57.51092, 18.49718
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

Historia e arquitectura editar

A parte máis antiga da igrexa de Halla é a nave románica que data de ao redor do ano 1200, que posteriormente uniuse ao novo coro a través dunha extensión. A torre é un pouco posterior (sobre 1225) e da mesma escala que a nave, mentres que o desproporcionadamente grande coro e de mediados do século XIV, construído en estilo gótico e substituíndo a un anterior románico de ao redor do ano 1120.[1] A sancristía construíse ao mesmo tempo que o actual coro. Pénsase que o único resto que queda do antigo coro é o portal oeste da torre. Supostamente a ábsida dese coro construíuse ao mesmo tempo que a torre, construíuse un novo portal e o antigo trasladouse á torre.[2]

Os académicos concluíron que había plans para substituír todo o edificio por outro gótico, pero os construtores probablemente quedaron sen fondos despois de levantar o coro.[1][2]

En 1697 abriuse unha pequena fiestra rectangular ao lado do púlpito, e ao redor do ano 1860 ampliáronse as dúas fiestras orixinais da nave, unha no sur e outra no norte.[2]

O exterior da igrexa é así unha mestura de estilos románico e gótico. Unhas poucas pedras esculpidas decoran a nave románica, probablemente realizadas polo escultor coñecido como Master Sigraf. Dúas pedras rúnicas fragmentarias están entre as paredes do coro. Unha delas contén a frase "...homes de Lübeck mortos...". O portal do coro está decorado con capiteis esculpidos.[1]

No interior a nave está dominada por un gran teito pintado que data do ano 1697. No medio hai unha representación do Xuízo Final e en círculos nas esquinas están San Pedro e San Paulo. As paredes do coro está decoradas con frescos bastante desgastados. Representan apóstolos e varios santos, incluídos San Martiño e San Xurxo e o Dragón. Os frescos son dos séculos XV e XVI e algúns deles foron atribuídos ao artista coñecido como Passionsmästaren.[1]

A igrexa ten dous obxectos medievais interesantes: unha cruz triunfal de mediados do século XV, probablemente feita fóra de Gotland, e unha pía bautismal realizada polo escultor Hegvald ao redor de 1120. A pía está considerada unha das máis interesantes da illa. Nos seus relieves represéntase, entre outros obxectos, a infancia de Cristo.[1]

A igrexa de Halla foi renovada no ano 1965.[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 165–166. ISBN 9129410355. 
  2. 2,0 2,1 2,2 1879-1965., Roosval, Johnny, (1952). Kyrkor i Halla ting : norra delen : konsthistoriskt inventarium. Generalstabens Litografiska Anstalts. OCLC 49373622.