A igrexa de Hall (sueco: Halls kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Hall, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Hall
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónHall
Coordenadas57°53′32″N 18°42′57″L / 57.89209, 18.71589Coordenadas: 57°53′32″N 18°42′57″L / 57.89209, 18.71589
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A igrexa de Hall data na súa totalidade do século XIII. As súas partes máis antigas son a nave e o coro, construídos no segundo cuarto do século. A torre é un pouco posterior. Estilisticamente é un edificio de transición entre a arquitectura románica e gótica.[1] Cunha columna centrar e catro tramos, formado dous corredores, a nave da igrexa é a estrutura máis sinxela que encaixa na definición dunha igrexa de salón.

Internamente a igrexa está decorada con frescos que foron descubertos durante unha restauración no ano 1956. Os frescos da parede norte do coro son do século XIV e representan a árbore da vida, a María con Cristo, a Cristo na cruz e a Cristo nunha mandorla. Os frescos da parede sur son de 1603 e representan a dous homes con roupas renacentistas axeonllados con Cristo na cruz. Na nave tamén hai frescos do século XIV onde se amosa a Coroación da Virxe e a psicostasia.[1]

A cruz triunfal é unha copia da orixinal, que no presente se atopa no Museo de Gotland en Visby. A orixinal, do século XII,[1] supostamente é unha das esculturas de madeira coa súa pintura orixinal máis antigas de Europa.[2] A meirande parte do resto do mobiliario é de despois da Reforma. Os bancos son dos séculos XVII e XVIII e o púlpito de 1619. A igrexa ten tamén un barco votivo de 1871.[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 163–164. ISBN 9129410355. 
  2. "Hall kyrka". Svenska Kyrkan. Consultado o 21 de xullo de 2018.