Igrexa de Gothem

igrexa de Suecia

A igrexa de Gothem (sueco: Gothems kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Gothem, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Gothem
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónGothem
Coordenadas57°34′32″N 18°44′06″L / 57.57545, 18.735Coordenadas: 57°34′32″N 18°44′06″L / 57.57545, 18.735
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]
Torre no oeste da igrexa

Historia editar

A presente igrexa gótica é probablemente a sucesora do dúas igrexas previas; a primeira delas unha stavkirke ou polo menos unha igrexa de madeira que posteriormente foi substituída por unha igrexa románica. A reconstrución da igrexa cara a súa forma presente levouse a cabo dende comezos do século XIII ata mediados do século XIV. Orixinalmente a igrexa puido ser construída para servir a unha gran granxa. Desde o seu remate no século XIV permaneceu case inalterada.[1][2]

Arquitectura editar

A igrexa ten unha alta e esvelta torre no oeste que ten unha campá, construída polo anónimo mestre construtor gótico Master Egypticus. A nave está dividida en dúas por unha única columna, e o coro remata nunha ábsida. Durante unha restauración levada a cabo nos anos 50 do século XX descubríronse frescos medievais. No presente os frescos dominan novamente todo o interior da igrexa. En parte están deseñados como imitacións de cortinas ou tapices, e pola outra representan escenas bíblicas e outras figuras (incluídos cabaleiros e soldados loitando). Os frescos datan de ao redor do ano 1300 e probablemente foron realizados por un artista alemán.[1][2]

A igrexa tamén ten un banco do coro da primeira metade do século XIV e unha campá de 1374. Do resto dos mobles, a meirande parte son posteriores, de estilo barroco.[1][2]

Preto da igrexa atópanse as ruínas dunha torre defensiva relativamente ben conservadas. A torre data do século XII e foi construída como un lugar para protexer á congregación durante tempos de guerra ou perigo.[1][2]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Andrén, Anders (2011). Historiska Media, ed. Det medeltida Gotland: en arkeologisk guidebok. Lund. pp. 185–187. ISBN 978-91-85873-83-8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 151–153. ISBN 9129410355.