Igrexa de Etelhem

A igrexa de Etelhem (sueco: Etelhems kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Etelhem, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Etelhem
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónEtelhem
Coordenadas57°20′14″N 18°29′45″L / 57.337213, 18.495874
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

Historia e arquitectura

editar

A primeira igrexa levantada no lugar foi probablemente unha pequena igrexa románica de pedra, da cal só se conservan algúns pequenos fagmentos. A parte máis antiga da presente igrexa principalmente gótica é a torre, construída a principios do século XIII en estilo románico. O coro e a nave deberon ser construídos ao redor do ano 1300. A sancristía é o derradeiro engadido e foi construído durante século XVII.[1]

Externamente a igrexa amosa uns poucos elementos esculpidos de orixe románica, e un portal norte tamén de estilo románico. No interior a igrexa está decorada con frescos de dous períodos distintos. Os máis antigos son do século XIV e os máis recentes, do século XV, representan apóstolos e a Paixón de Cristo. Estes últimos foron realizados polo artista coñecido como Passionsmästaren. Tamén se conservan unhas poucas vidreiras.[1]

O elemento máis destacable do seu mobiliario é a pía bautismal do século XII realizada polo escultor Hegvald. A pía está asinada con runas. A cruz triunfal é do século XIV e aínda se atopa na súa situación orixinal. A meirande parte do mobiliario posterior é do século XVII.[1]

A igrexa foi restaurada entre os ano 1957 e 1958.[1]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 119–120. ISBN 9129410355.