A igrexa de Eksta (sueco: Eksta kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Eksta, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Eksta
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónEksta
Coordenadas57°17′12″N 18°12′23″L / 57.286527777778, 18.206388888889Coordenadas: 57°17′12″N 18°12′23″L / 57.286527777778, 18.206388888889
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

Historia e arquitectura editar

A parte máis antiga da igrexa de Eksta é a torre, que data do século XIII e non cambiou dende a súa construción. O resto da igrexa é tamén da Idade Media, pero foi fortemente reformada no ano 1838.[1] A igrexa aínda ten catro portais medievais, tanto de estilo románico como gótico.[2] O interior é principalmente neoclásico, datando da renovación realizada en 1838.[2] Nas pareces sobreviviron algúns restos de frescos medievais, así como un único panel das vidreiras.[1]

A igrexa foi restaurada durante o ano 2010.[3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 123–124. ISBN 9129410355. 
  2. 2,0 2,1 Region Gotland (ed.). "Eksta kyrka". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2018. Consultado o 23 de abril de 2018. 
  3. Sveriges Radio (ed.). "Återinvigning och medalj i Eksta kyrka". Consultado o 23 de abril de 2018.