A igrexa de Burs (sueco: Burs kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Burs, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Burs
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónBurs
Coordenadas57°14′44″N 18°30′31″L / 57.24566, 18.50875Coordenadas: 57°14′44″N 18°30′31″L / 57.24566, 18.50875
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

Historia e arquitectura editar

A igrexa de Burs ten unha súa forma tan pouco común polo feito de que foi construída en distintas etapas. A nave é a súa parte máis antiga, datando de principios do século XIII. A gran torre foi construída a mediados do mesmo século, mentres que o desproporcionadamente grande coro gótico foi levantado un século despois, substituíndo un coro románico con ábsida anterior.[1]

Externamente destaca o portal do coro. A súa entrada amosa esculturas góticas representando unha bendición de Cristo, e apóstolos e santos, ademais de ter un gran friso que abarca todo o portal, e que representa a Parábola das Dez Virxes. O coro e o seu portal foron probablemente construídos polo taller dun canteiro coñecido como Master Egypticus. O mesmo taller probablemente realizou un elaborado banco de pedra calcaria que se atopa dentro da igrexa, do cal aínda se conservan restos da súa pintura orixinal.[1]

O interior é amplo e aireado. Do seu mobiliario destaca o retablo. É unha elaborada peza realizada en Lübeck[2] ou no norte de Alemaña durante a primeira metade do século XV. A igrexa tamén ten unha cruz triunfal do século XIII, restos de vidreiras medievais e varios mobles do século XVIII.[1]

A igrexa foi completamente restaurada entre 1960 e 1964.[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 110–112. ISBN 9129410355. 
  2. Burs.nu (ed.). "Burs kyrka". Archived from the original on 07 de abril de 2009. Consultado o 24 de abril de 2018.