Igrexa de Borgund

A Igrexa de Borgund (en noruegués nynorsk: Borgund kyrkje, en noruegués bokmål: Borgund kirke) é unha igrexa parroquial que se atopa na vila de Borgund, no concello noruegués de Lærdal do condado de Sogn og Fjordane. Pertence á parroquia de Borgund e á diocese de Bjørgvin.

Igrexa de Borgund
Vista da igrexa
Datos xerais
PaísNoruega Noruega
RexiónSogn og Fjordane
TipoIgrexa
LocalizaciónLærdal
Coordenadas61°02′48″N 7°48′42″L / 61.0467, 7.81167
Culto
CultoIgrexa de Noruega
DioceseBjørgvin
Arquitectura
Construción1868[1]
ArquitectosChristian Christie
Estilodragestil
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Con capacidade para 175 persoas, de madeira e de cor vermella, a igrexa construíuse en 1868 para substituír a antiga igrexa de madeira de Borgund, que ficara moi pequena para dar servizo á parroquia e que aínda se atopa ao seu carón. A nova igrexa foi consagrada o 28 de agosto de 1868 polo pastor Henning Frimann Dahl.[2]

A Asociación de Preservación de Monumentos Antigos de Noruega (Fortidsminneforeningen) pagou dous terzos dos cartos que se precisaron para a súa construción a cambio de xestionar a igrexa vella, que acabou convertida en museo.[3]

 
As dúas igrexas de Borgund.
  1. "Oversikt over Nåværende Kirker". Consultado o 23 de xaneiro de 2016. 
  2. Sogn og Fjordane Fylkesarkiv (ed.). "Borgund kyrkje". Consultado o 23 de xaneiro de 2016. 
  3. "Borgund kyrkje". Consultado o 23 de xaneiro de 2016.