Igrexa de Akebäck

igrexa de Suecia

A igrexa de Akebäck (sueco: Akebäcks kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Akebäck, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Igrexa de Akebäck
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónAkebäck
Coordenadas57°32′51″N 18°23′33″L / 57.54744444, 18.39244444Coordenadas: 57°32′51″N 18°23′33″L / 57.54744444, 18.39244444
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
Estiloarquitectura románica
editar datos en Wikidata ]

Historia e arquitectura editar

A igrexa de Akebäck é, coa excepción da súa sancristía, unha igrexa completamente románica. A meirande parte do edificio foi contruído a finais do século XII, sendo a torre engadida a mediados do século XIII.[1] A igrexa foi inaugurada no ano 1149.[2] A sancristía foi construída no ano 1931.[1] Os historiadores afirman que a ábsida foi torpemente construída, xa que as pedras da base non encaixan limpamente, os alicerces son deficientes e as paredes exteriores son irregulares.[3]

A igrexa ten unha nave case cadrada, unha ábsida semi-circular e outra nave rectangular. O portal norte da torre é cego e probablemente pertenceu á nave, que no presente non ten portal ningún, antes da construción da torre,[4] e na súa fachada occidental hai unha fiestra cruciforme, unha característica cisterciense.[3] Ten un interior sinxelo. Destacan as tres olas de cerámica orixinais encerradas na bóveda da igrexa para mellorar a súa acústica. Outro detalle pouco común é unha escultura de pedra no portal da igrexa representando a un canteiro deitado. Segundo a tradición, foi feita na memoria dun dos homes que traballaron no edificio pero caeu e morreu durante a súa construción; os académicos suxeriron que pode ser sinxelamente unha pedra que foi colocada na dirección equivocada coa imaxe recostada en vez de estar de pé.[1]

Entre o mobiliario, o altar é pouco común porque, aínda que é de mediados do século XVII, o crucifixo do medio é unha cruz medieval, do século XV que puido pertencer a un retablo gótico de carballo que foi gardado na cámara da torre.[3] A pía bautismal é do século XIII.[1] Hai un candelabro fabricado en Norrköping e doado en 1850 por un carpinteiro local, Johan Pettersson, no seu 44 aniversario como regalo votivo "en agradecemento á divina providencia, que me mantivo a salvo durante catorce anos no estranxeiro".[3] A máis pequena das súas campás foi doada en 1993.[2] O púlpito, as pinturas de acantos do teito e os bancos son do cambio dos séculos XVII e XVIII.[3]

A igrexa foi restaurada entre 1931 e 1932, cando se construíu a sancristía. Durante as obras atopouse entre os muros norte da nave da igrexa unha gran pedra pintada. A pedra foi retirada e atópase exposta no exterior da igrexa.[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 85–86. ISBN 9129410355. 
  2. 2,0 2,1 Svenska Kyrkan (ed.). "Akebäck kyrka". Consultado o 9 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Jonson, Christer (2017). Angels et dragons : Gotland's cultural treasures. Visby: Gotlands Museum. ISBN 9789188036988. OCLC 1077527198. 
  4. Sture, Cnattingius, Bengt Svahnström, Gunnar Svahnström, Karin Boström, Ragnhild Bergman, Mats Bennett, Robert Lindgren, Mereth Rosell, Ingrid Andersson, Karin Svennebring, Otto Flodin, Barbro Curman, Sigurd Roosval, Johnny Lagerlöf, Erland Stolt, Bengt Anderson, Iwar Aasma, Karin Nisbeth, Åke Estham, Inger Norberg, (1912-(2003)). Sveriges kyrkor. Konsthistoriskt inventarium : Kyrkor i Dede ting. Almqvist och Wiksell/Akademi. ISBN 91-7192-668-2. OCLC 929234288.