Igrexa ortodoxa belarusa

(Redirección desde «Igrexa Ortodoxa Bielorrusa»)

A Igrexa ortodoxa bielorrusa (en belaruso: Беларуская праваслаўная царква, Bielaruskaja pravaslaǔnaja carkva; en ruso: Белорусская Православная Церковь, Belorusskaia Pravoslavnaia Tserkov), é un exarcado da Igrexa ortodoxa rusa en Belarús. Está formada polas eparquías ortodoxas rusas no territorio de dito país, no que é a organización relixiosa predominante.

Igrexa ortodoxa bielorrusa
Historia
Fundación1990
MotivoSemiautonomía da Igrexa ortodoxa rusa
Goberno
Patriarca de MoscovaCirilo I
Metropolita de Minsk e SlutskPavel Ponomarev
Outros datos
Páxina webwww.church.by

O seu máximo dirixente é o metropolita de Minsk e Slutsk e exarca patriarcal Pavel Ponomarev. A igrexa ten unha autonomía moito menor en comparación coa Igrexa ortodoxa ucraína, que é considerada igrexa autónoma.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar