Igor de Souza

futbolista brasileiro
(Redirección desde «Igor de Souza Fonseca»)

Igor de Souza Fonseca, nado o 19 de febreiro de 1980 en Maceió é un futbolita brasileiro con pasaporte portugués que xoga na demarcación de dianteiro centro. É irmán do tamén futbolista Yuri de Souza e curmán do ex xogador do Celta de Vigo Charles Dias, cos que coincidiu no Pontevedra CF.

Igor
Información persoal
Nome Igor de Souza Fonseca
Nacemento 19 de febreiro de 1980 (44 anos)
Lugar de nacemento Maceió
Altura 1,90 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Bragança
Desportivo das Aves
Marialvas
Gondim
Pedrouços
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1998–2003 Maia 63 (31)
2003–2011 Braga 22 (4)
2004–2005Vitória (cedido) 28 (6)
2005–2006Estrela Amadora (cedido) 3 (0)
2006–2007Pontevedra (cedido) 50 (19)
2007–2011 Pontevedra 96 (32)
2008Ipatinga (cedido) 3 (0)
2009Girona (cedido) 15 (3)
2009Levante (cedido) 11 (3)
2009Tenerife (cedido) 7 (0)
2009 Salamanca 57 (23)
2009 Panthrakikos
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ao igual que o seu irmán desenvolve a maior parte da súa carreira en Portugal. Comezou xogando no Bragança e posteriormente no Clube Desportivo das Aves, Marialvas, Gondim e Pedrouços. Empezou a destacar no FC Maia, onde coincidiu co seu irmán e onde logrou os seus mellores rexistros goleadores chegando a anotar 26 goles nunha tempada.

No verán de 2002 fichou polo Sporting Clube de Braga, porén non acada continuidade no equipo e enlaza sucesivas cesións, no Vitória FC, CF Estrela da Amadora e no Pontevedra CF, equipo que finalmente exerce a opción de compra no ano 2011.

Chega cedido a Pontevedra en decembro de 2005 e dende un primeiro momento adaptase ao equipo, onde tamén milita o seu irmán Yuri. Debuta en xaneiro de 2006 ante o Celta de Vigo B, no que anota os tres goles da vitoria granate por 3-1. En apenas media tempada acada a interesante cifra de 15 goles. Ao ano seguinte repetiu cesión no equipo galego pese ao interese doutros equipos de categoría superior. No verán de 2007 o Pontevedra CF exerce a opción de compra.

No 2009 comezou outra época de cesións de pouco éxito, primeiro o Ipatinga FC e despois o Girona FC, Levante UD e CD Tenerife ata que en 2011 fichou pola UD Salamanca. Tras a desaparición da UD Salamanca foise xogar a Grecia, fichando polo Panthrakikos FC.