Ignacio Vieitez Tapia

político galego
(Redirección desde «Ignacio Vieites Tapia»)


Ignacio Vieitez Tapia, nado en Sela (Arbo) o 28 de agosto de 1817 e finado en Madrid o 25 de febreiro de 1882,[1] foi un político galego.

Infotaula de personaIgnacio Vieitez Tapia
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1817 Editar o valor em Wikidata
Sela, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 1882 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Miguel Vieitez de Puga, señor do pazo de Sela, onde naceu. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz de Ribadavia, xefe de negociado no Ministerio de Graza e Xustiza, maxistrado da Audiencia de Zaragoza, presidente de Sala das Canarias, Valladolid, A Coruña, Oviedo e Burgos, maxistrado da Audiencia de Madrid e presidente da Sala segunda do Tribunal Supremo de Xustiza. Foi elixido deputado provincial na Deputación de Pontevedra e deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas en 1850. Foi senador pola provincia de Ourense en 1876 e por Pontevedra entre 1877 e 1881.

Vida persoal editar

Casou con Luísa Penedo Fernández e foi pai de José e Ignacio Vieitez Penedo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar