Linguas da Illa de Man

(Redirección desde «Idiomas da Illa de Man»)
Linguas da Illa de Man
Lingua oficial (en todo o territorio) Inglés, Manx
Outras linguas (non oficiáis) Irlandés

O principal idioma da Illa de Man é o inglés, principalmente o dialecto de Man. O Manx é a lingua histórica da illa e só a fala unha mínima parte da poboación.

Lingua manx editar

Artigo principal: Lingua manx.

No século V, os goidélicos ou gaélicos, procedentes de Irlanda invaden a illa, traendo a súa lingua céltica, que, cos séculos, evolucionaría ata se converter na actual lingua manx, a cal tamén ten préstamos nórdicos, froito das sucesivas invasións viquingas: primeiro no século IX e logo unha segunda invasión viquinga procedente de Irlanda no século XI. A illa mantívose baixo dominación norueguesa ata a segunda metade do século XIII.[1]

O illamento da illa e a súa dependencia da coroa inglesa (logo británica) a partir do século XIV fixeron que o manx adoptase unha grafía baseada no inglés e non noutros idiomas celtas. A poboación conservou o seu idioma ata o século XVII, comezando a declinar no século XVIII cando comezou a súa decadencia. En 1831 falábao regularmente o 30% da poboación; en 1901 só o falaban 970 persoas e o último falante nativo de manx, Ned Maddrell, morreu o 27 de decembro de 1974 á idade de 97 anos.[2]

Hoxe en día, o manx sobrevive grazas a un pequeno número de persoas que o aprenderon como segunda lingua e que intentan potencialo fronte ao inglés, a súa lingua materna. En 2001 un 2.2% da poboación da Illa de Man, 1.689 de 76.315 habitantes, aseguraba poder desenvolverse en manés, aínda que en graos diversos. Non foi até 2003 cando o goberno pasou a introducilo oficialmente na escola. Actualmente, o manés é segunda lingua nas escolas primarias e secundarias, na universidade da Illa e no centro de estudos de manés.

Lingua inglesa editar

Artigo principal: Lingua inglesa.

Notas editar

  1. R. L. Thomson The History of the Celtics Languages in the British Isles en Peter Trudgill Language in the British Isles. CUP Archive, 1984, páxina 257
  2. Mark Abley Spoken Here: Travels Among Threatened Languages. Houghton Mifflin Harcourt, 2005, páxina 96