Abrir o menú principal

Os identificadores son aqueles determinantes que fan referencia a unha realidade indicando de cal se trata (identificadores simples: a, cada, un, calquera...) e establecen unha relación de igualdade ou diferenza de identidade ou grupo (identificadores reforzados: propio, outros,...). Polas súas características, están opostos ó pronome persoal, demostrativo, posesivo, relativo, interrogativo, exclamativo e cuantificadores.

Identificadores simplesEditar

Identifican dun xeito preciso e claro (identificadores simples definidos) ou impreciso e vago (identificadores simples indefinidos).

Identificadores reforzadosEditar

Aqueles que ademais do valor de identificación suman o de indicar igualdade ou diferenza de identidade ou grupo.