Ida Lupino

actriz e directora de cinema angloestadounidense

Ida Lupino, nada en Londres o 4 de febreiro de 1918[1] e finada nos Ánxeles (California) o 3 de agosto de 1995 foi unha actriz e directora de cinema angloestadounidense.

Ida Lupino
Ida Lupino publicity.jpg
Foto publicitaria da década de 1930
Nome completoEdmund Preston Biden
Nacemento4 de febreiro de 1918
LugarLondres
Falecemento3 de agosto de 1995
LugarOs Ánxeles
CausaIctus
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
Educada enRoyal Academy of Dramatic Art, Brighton Girls e Professional Children's School
PaiStanley Lupino
NaiConnie Emerald
Cónxuxe(s)Louis Hayward (1938-1945)
Collier Young (1948 - 1951)
Howard Duff (1951-1984)
ProfesiónActriz, directora
Na rede
http://www.idalupino.com/home.html
IMDB: nm0526946 Allocine: 3075 Allmovie: p100403 TCM: 117729 TV.com: people/ida-lupino
Musicbrainz: d3f238b8-4aca-4e60-bb97-64d8afedd211 Discogs: 541805 WikiTree: Lupino-1 Find a Grave: 9485 Editar o valor em Wikidata
Ida Lupino signature.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en 1918, e non en 1914 como indican algunhas biografías,[1] filla da actriz Connie O’Shea e do artista de music hall Stanley Lupino, membro dunha familia británica de artistas de teatro de orixe italiana.[2] Os seus pais e o seu curmán Lupino Lane animárona a entrar no mundo do espectáculo e debutou no cinema en 1931 con The Love Race. Durante varios anos estivo a interpretar pequenos papeis.

Trala súa interpretación en The Light That Failed (1939) comezou a ser considerada seriamente como actriz dramática, pasando a realizar mellores papeis na década de 1940, cando ela se describiu como a Bette Davis dos "homes pobres".[3]

Durante este período fíxose coñecida polos seus papeis duros e actuou en filmes como They Drive by Night (1940) e High Sierra (1941), ambas as dúas con Humphrey Bogart. A pesar de traballar de maneira regular e ser moi solicitada nesa década nunca chegou á categoría de grande estrela. En 1947 deixou Warner Bros. para converterse nunha actriz independente. En 1948 nacionalizouse estadounidense.

 
Lupino en 1979.

A finais dos anos corenta interesouse polo traballo detrás da cámara. En 1949 cando Elmer Clifton sufriu un ataque cardíaco e non puido finalizar Not Wanted, filme Filmways, compañía fundada por Lupino e o seu marido, Collier Young, ela mesma finalizou o filme. Despois chegaron os seus propios proxectos , que a converteron na única muller directora no Hollywood da época.[2] Tras catro filmes “femininos” sobre temas sociais, dirixiu o seu primeiro gran filme, The Hitch-Hiker (1953), primeiro filme negro dirixido por unha muller. Lupino bromeaba dicindo que se como actriz era a "Bette Davis dos pobres", como directora era a "Don Siegel dos pobres".[4]

En 1952 recibiu a invitación para ser a "cuarta estrela" da produtora televisiva Four Star Television, xunto a Dick Powell, David Niven e Charles Boyer, trala marcha de Joel McCrea e Rosalind Russell. Lupino seguiu actuando nas década de 1950, 1960 e 1970 e a súa actividade como directora neses anos encamiñouse case en exclusiva a producións televisivas como Alfred Hitchcock Presents, The Twilight Zone, Have Gun Will Travel, The Donna Reed Show, Gilligan's Island, 77 Sunset Strip, The Investigators, The Ghost & Mrs. Muir, The Rifleman,Batman, Sam Benedict, Bonanza, The Untouchables, The Fugitive e Bewitched. Entre 1957 e 1958 protagonizou co seu home, Howard Duff, a comedia da CBS Mr. Adams and Eve.

Cara ao final da súa carreira participou como artista invitada en numerosos programas de televisión, retirándose en 1978 aos sesenta anos de idade.

Faleceu en 1995 a causa dun accidente cerebrovascular mentres era tratada dun cancro de colon.

FilmografíaEditar

ActrizEditar

Como directoraEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Rexistrada en Births Mar 1918 Camberwell Vol.1d páxina 1019 (Free BMD). Transcrito como "Lupine" no índice oficial de nacementos.
  2. 2,0 2,1 Allmovie Biography Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.
  3. Katz, Ephraim; Klein, Fred; Nolan, Ronald Dean (1998). HarperPerennial, ed. The Film Encyclopedia (en inglés) (3rd Edition ed.). Nova York. pp. 858. ISBN 0-06-273492-X. 
  4. Wood, Bret. Turner Classic Movies Online, ed. "Outrage (1950)". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2009. Consultado o 10 de agosto de 2008. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar