Iconoloxía
Chámase iconoloxía á póla da simboloxía e da semioloxía que estuda as denominacións visuais da arte, por exemplo a representación das virtudes, vicios e outras cousas morais ou naturais, coa figura ou aparencia de persoas.
Características
editarPor extensión, trátase da ciencia que estuda as imaxes, emblemas, alegorías e monumentos con que os artistas representaron aos personaxes mitolóxicos, relixiosos ou históricos, e diferénciase da iconografía en que esta ten por fin a sinxela descrición de imaxes, mentres que a iconoloxía estúdaas en todos os seus aspectos, compáraas e clasifícaas, chegando ata formular leis ou regras para coñecer a súa antigüídade e diversos significados e interpretacións.
A iconoloxía considerada en toda a súa amplitude pode dividirse en tres pólas en razón do obxecto representado:
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Erwin Panofsky, o fundador da iconoloxía como disciplina académica.
- Santiago Sebastián, representante desta escola en España