Ichikawa
| |||
Mapa | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización de Ichikawa na prefectura de Chiba | |||
![]() | |||
Localización da prefectura de Chiba no Xapón | |||
Información | |||
País | ![]() | ||
Illa | Honshu | ||
Rexión | Kanto | ||
Prefectura | Prefectura de Chiba | ||
Superficie | 57,40 km² | ||
Poboación | 474.313 (2009) | ||
Densidade | 8.260 hab./km² | ||
Alcalde | Hiroshi Ōkubo |
Ichikawa (市川市, いちかわし, Ichikawa-shi) é un concello xaponés da prefectura de Chiba. Está situado no centro da rexión de Kanto e ao oeste da prefectura, na zona norte da provincia histórica de Shimōsa, na parte leste da illa de Honshu. A súa superficie é de 57,40 km² e a poboación de 474.313 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 8.260 hab./km².
O concello de Ichikawa limita cos concellos de Urayasu, Funabashi, Kamagaya, Matsudo (da prefectura de Chiba); e Edogawa (da prefectura de Toquio).