I Want to Destroy Something Beautiful

«I Want to Destroy Something Beautiful»
de Josh Woodward
do álbum Dirty Wings
Lanzamento 2007
Formato
Gravada
Xénero musical
Lingua(s) Inglés
Duración
Discográfica
Produtor(es)
Escritor(es)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"I Want to Destroy Something Beautiful" (en galego, "Quero destruír algo fermoso") é unha canción pop[1] en inglés composta polo estadounidense Josh Woodward. Está incluída no seu álbum Dirty Wings do 2007, interpretada polo compositor.

A canción ten unha temática escura. Na letra, o narrador semella estar a piques de estalar nun ataque de ira, probablemente por algo que dixo ou fixo a persoa que está con el, á que chama “dear” («cariño»). Isto explícase nos primeiros versos, mentres que o resto da canción consiste no narrador divagando arredor da idea de «destruír algo fermoso».

A letra da canción lembra inevitablemente ao filme Fight Club, en que o protagonista se expresa dunha forma similar, mesmo utilizando as mesmas palabras nalgúns casos.

Letra editar

My dear, I'll give you sixty seconds to disappear
And if you don't get out of here... who knows?
Cuz I've been trying to find out if an angel bends or breaks
Or shatters like a stone
I... I want to destroy something beautiful
For you, I want to destroy for you
Tonight, there's only an inch between pain and delight
And I'm full of Canadian whiskey and spite again
Destruction and creation are the same thing after all
The mighty always fall
I... I want to destroy something beautiful
For you, I want to destroy for you
Destruction and creation are the same thing after all
The mighty always fall
I... I want to destroy something beautiful
For you, I want to destroy something beautiful
For you, I want to destroy for...

Tradución editar

Cariño, douche sesenta segundos para desaparecer.
E se non saes de aquí... non respondo,
porque estiven intentando descubrir se os anxos dobran, rompen,
ou fanse anacos coma as rochas.
Que... Quero destruír algo fermoso.
Para ti, quero destruír para ti.
Esta noite, entre a dor e o goce só hai unha polgada,
e volvín encherme de whisky canadense e resentimento.
A destrución e maila creación sonche a mesma cousa, a fin de contas.
Os poderosos sempre caen.
Que... Quero destruír algo fermoso.
Para ti, quero destruír para ti.
A destrución e maila creación sonche a mesma cousa, a fin de contas.
Os poderosos sempre caen.
Que... Quero destruír algo fermoso.
Para ti, quero destruír algo fermoso.
Para ti, quero destruír para...

Licenza editar

"I Want to Destroy Something Beautiful" está protexida pola licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 Estados Unidos de América[2]. Por tanto, considérase música libre[3].

Notas editar