I Now Pronounce You Chuck and Larry
I Now Pronounce You Chuck and Larry é un filme estadounidense do xénero comedia, protagonizado por Adam Sandler. O filme fai unha crítica sutil á actual situación dos homosexuais nos Estados Unidos, aínda que con moitos tópicos.[1] A Conferencia Católica de Bispos de EUA categorizouno de "Moralmente Ofensivo"."[2]
I Now Pronounce You Chuck and Larry | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | I Now Pronounce You Chuck and Larry |
Director | Dennis Dugan |
Guión | Barry Fanaro Alexander Payne Jim Taylor |
Intérpretes | Adam Sandler Kevin James Jessica Biel Dan Aykroyd Ving Rhames Steve Buscemi |
Estrea | 2007 |
Duración | 110 min. |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
SinopseEditar
Chuck Levine (Adam Sandler) e Larry Valentine (Kevin James) son dous membros do Corpo de Bombeiros do Brooklyn, sendo tamén bos amigos. Chuck promételle calquera cousa a Larry por terlle salvado a vida un día no traballo, e Larry, viúvo, preocupado polos problemas legais de non dar feito que os seus fillos aparezan como beneficiarios do seu seguro de vida, decide pedirlle matrimonio a Chuck. Este, a pesar de ser moi mullereiro, acepta, mais despois, tense que ir vivir con Larry e aparentar que son homosexuais pois a súa unión está sendo investigada e poden acabar na cadea.
ElencoEditar
- Adam Sandler .... Charles "Chuck" Levine
- Kevin James .... Lawrence "Larry" Valentine
- Jessica Biel .... Alex McDonough
- Dan Aykroyd .... Capitán Phineas J. Tucker
- Ving Rhames .... Fred G. Duncan
- Steve Buscemi .... Clinton Fitzer
- Nicholas Turturro .... Renaldo Pinera
- Allen Covert .... Steve
- Nick Swardson .... Kevin McDonough
- Mary Pat Gleason .... Teresa
- Matt Winston .... Glen Aldrich
- Gary Valentine .... Karl Eisendorf
- Jonathan Loughran .... David Nootzie
- Richard Kline .... Sr. Auerbach
- Peter Dante .... Tony Paroni
- Cole Morgen .... Eric Valentine
- Shelby Adamowsky .... Tori Valentine
- Brad Grunberg .... Bernie
- Chandra West .... Dra. Honey
- Rob Schneider .... Pastor xaponés
- Rachel Dratch .... supervisora de beneficios
- Lance Bass .... el mesmo
- David Spade .... danzante transexual
- Tila Tequila .... empregada do restaurante Hooters
- Dave Matthews .... vendedor de roupa homosexual
CuriosidadesEditar
As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- Este é o primeiro filme de Adam Sandler con David Spade desde Coneheads (1993).
- David Spade fai un cameo no filme como bailarina travestí, tal como Tila Tequila, que aparece como empregada de restaurante Hooters.
- Rob Corddry do Daily Show aparece como pastor protestando contra o casamento entre persoas do mesmo sexo. Ao contrario do seu traballo habitual, este é un papel non cómico.
- O creador de TV Funhouse, Robert Smigel, aparece no filme como Ron o carteiro.
- Jennifer Love Hewitt foi convidada para o papel de Jessica Biel neste filme, mais recusou debido a conflitos de axenda.
- Alexander Payne e Jim Taylor escribiron o guión, o seu primeiro guión xuntos despois de teren gañado o Óscar de mellor guión adaptado polo filme Sideways de 2004.
- O músico Dave Matthews aparece como vendedor efeminado no medio da película.
- Os dous equipos de béisbol de Nova York aparecen ben representados no filme. Na vida real, Sandler e James son grandes adeptos dos Yankees e Mets, respectivamente.
- Dan Patrick, comentador deportivo veterano, aparece no filme no papel dun dos policías de Nova York.
- O libro que Adam Sandler lle le aos fillos de Larry, The Puppy Who Lost His Way, tamén aparece en Billy Madison (1995).
- Diversos segmentos presentados nas estreas foron retirados no filme final para obter clasificación PG-13.
- Lance Bass aparece no final do filme cantando.
- Kevin James dixo no programa de televisión Tonight Show with Jay Leno que o filme foi baseado nun incidente semellante dun bombeiro de Filadelfia.
- Este é o segundo filme no que Adam Sandler fai de bombeiro. O outro foi Mr. Deeds (2002), no cal é bombeiro voluntario en Mandrake Falls, Nova Hampshire.
- O realizador Dennis Dugan fixo no pasado o papel dun mozo homosexual no filme Norman, Is That You? (1976).