I Love You Phillip Morris
I Love You Phillip Morris é un filme estadounidense dirixido por Glenn Ficarra e John Requa que se estreou no 2009. Baséase na obra I Love You Phillip Morris: A True Story of Life, Love, and Prison Breaks de Steve McVicker.
I Love You Phillip Morris | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | I Love You Phillip Morris |
Director | Glenn Ficarra John Requa |
Produtor | Andrew Lazar Far Shariat |
Guión | Glenn Ficarra John Requa |
Baseado en | I Love You Phillip Morris: A True Story of Life, Love, and Prison Breaks de Steve McVicker |
Intérpretes | Jim Carrey Ewan McGregor Rodrigo Santoro Antoni Corone Leslie Mann |
Música | Nick Urata |
Fotografía | Xavier Pérez Grobet |
Montaxe | Thomas J. Nordberg |
Estudio | EuropaCorp |
Distribuidora | Roadside Attractions |
Estrea | 2009 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | Estados Unidos Francia |
Xénero | Comedia, Drama |
Orzamento | $13 000 000[1] |
Recadación | $20 712 236 |
Na rede | |
https://phillipmorrismovie.net | |
Sinopse
editarA historia céntrase en Steven Russell, un modélico e convencional pai de familia que tras sofrer un accidente de tráfico decide deixar atrás a farsa que estaba vivindo: é homosexual e ademais sábeo dende neno. Así, Steven comeza unha nova e disipada vida, véndose obrigado a cometer unha serie de fraudes para poder costearse os seus gastos. As súas accións conducirano até o cárcere, onde se namora do seu compañeiro de cela, Phillip Morris, con quen inicia unha relación. Porén, o sistema penitenciario separará á parella, e Russell perpetrará varios intentos de fuga para reunirse de novo co seu amado.
Personaxes
editar- Jim Carrey como Steven Jay Russell
- Ewan McGregor como Phillip Morris
- Leslie Mann como Debbie
- Rodrigo Santoro como Jimmy
- Antoni Corone como Lindholm
- Brennan Brown como Larry Birkheim
- Michael Showers como Gary
- Marc Macaulay como Policía de Houston
- Annie Golden como Eudora
- Michael Mandel como Cleavon
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)