RDSI

(Redirección desde «ISDN»)

Rede Dixital de Servizos Integrados (RDSI ou ISDN acrónimo do inglés, Integrated services digital network) é unha rede que procede da evolución da rede telefónica conmutada existente, que ao ofrecer conexións dixitais de extremo a extremo permite a integración de multitude de servizos nun único acceso, independentemente da natureza da información a transmitir e do equipo de terminal que a xere. Pode proporcionar velocidades de ata 128 Kbps, tres veces máis cos módems analóxicos estándar. Realmente este sistema foi un fracaso, debido ao seu elevado custo, as dificultades de instalación e un servizo deficiente por parte das compañías telefónicas.

Principios do RDSI

editar
  1. Soporte de aplicacións, tanto de voz como de datos, utilizando un conxunto de aplicacións estándar.
  2. Soporte para aplicacións conmutadas e non conmutadas. RDSI admite tanto conmutación de circuítos como conmutación de paquetes. Ademais, RDSI proporciona servizos non conmutados con liñas dedicadas a ese fin.
  3. Dependencia de conexións de 64 kbps. RDSI proporciona conexións de conmutación de circuítos e de conmutación de paquetes a 64 kbps. Este é o bloque de construción fundamental da RDSI.
  4. Intelixencia na rede. Esperase que a RDSI poida proporcionar servizos sofisticados por enriba da situación dunha chamada de circuíto conmutado.
  5. Arquitectura de protocolo en capas. Os protocolos para acceso á RDSI presentan unha arquitectura de capas que se pode facer corresponder coa do modelo OSI.
  6. Variedade de configuracións. É posible máis dunha configuración física para implementar RDSI. Isto permite diferenzas en políticas nacionais, no estado da tecnoloxía, e nas necesidades e equipos existentes da base de clientes.